19 de xuño de 2023
14 de abr. de 2023
25 de mar. de 2021
4º vai de paseo
O xoves 18 a clase de 4º despedimos a semana escolar cunha saída: un paseo polo sendeiro de Rialdarca e chegada ao parque de A Xunqueira e tamén á praia.
Despois de merendar fomos á praia e a gozar descalzos!!!
Corremos pola area, fixemos unha machada prehistórica, construímos un castelo, excavamos un burato enorme, fixemos acrobacias, ... Pasamos a mañá en grande.
29 de out. de 2020
4º visita San Martiño
O pasado xoves, 15 de outubro, a clase de 4º subimos andando desde o cole ata a igrexa de San Martiño. Xa buscaramos información sobre ela en internet. Sabiamos que era unha igrexa construída en estilo románico e que había unha inscripción en latín na porta lateral dereita. Cando estabamos a punto de vela achegouse a nós un señor que dixo que el traducira a frase e que se queriamos nos podía falar da inscrición e de como fixera para traducila. Contounos que se chamaba José Benito Rodríguez Parada, que era profesor de latín xubilado e que lle gustaba facer estes traballos de investigación. André Comesaña xa nos dixera o que dicía e comprobámolo da man do seu tradutor.
Dámoslle as grazas pola amabilidade que tivo con nós.
A inscrición di:
Esta igrexa foi mandada construir o domingo 7 de 1197 para min e para todas as familias .
14 de dec. de 2018
4º e a visita ao Museo de Pontevedra
1 de mar. de 2016
Monumentos de Moaña
Esta visita forma parte do programa "Aprende Moaña", unha iniciativa da Concellaría de Ensino.
23 de feb. de 2016
Viaxe á Coruña
Visitamos dous dos seus museos máis famosos: Domus e Aquarium.
Antes de volver achegámonos á Torre de Hércules; pero, a chuva non nos deixou estar moito tempo. Aquí vos deixamos unha chea de fotos que demostran o ben que o pasamos.
17 de feb. de 2016
O alumnado de cuarto curso visita o Concello
A alcaldesa e a tenente de alcalde Marta Freire, responderon as preguntas dos nenos e nenas, que sobre todo xiraban en torno a temas como melloras en parques infantís e en zonas verdes
Tamén viron as dependencias do Concello, presentaron un escrito por rexistro, comprobaron que estaban no padrón municipal, visitaron as dependencias da Policia municipal e os calabozos.
Pasáronno moi ben!
21 de xan. de 2016
Espantallo amigo
2 de xuño de 2015
Castelo de Soutomaior
5 de dec. de 2014
Saída a Vigo
13 de maio de 2014
Coñecemos os nosos ríos
O venres pasado toda a clase de 3º, acompañados polo director e mais por Paco (biologo de ADEGA), que era quen viña explicarnos como podemos coñecer a calidade da auga dos nosos ríos e se o seu contorno está nunhas condicións óptimas, achegámonos ó río de Rialdarca para levar a bo fín as nosas indagacións....
15 de mar. de 2014
Visitamos o súper
Participamos os nenos e nenas de 4º e 5º curso. Gustounos moito:
12 de xuño de 2013
4º informa da visita a San Simón
4 de abr. de 2013
3 de abr. de 2013
As excursións de 4º
No 2º trimestre visitamos o porto pesqueiro de Vigo, a praia de Moaña e o porto de Meira. Observamos directamente as actividades relacionadas co sector primario e secundario. O mellor de todo foi mariscar na praia de Moaña co angazo e coas botas de auga postas. Dolores, a presidenta das mariscadoras, ensinounos a apañar os croques( berberechos ) e as ameixas. Josefa, unha mariscadora, mostrounos a súa habiliadade para coller navallas.
No porto de Meira Carlos, o naseiro, ensinounos dúas chabolas de mariñeiro por dentro, distintos tipos de redes, o funcionamento das nasas, as cordas para o boliche, palabras mariñeiras...
No porto pesqueiro de Vigo estivemos cos compañeiros e compañeiras de 2º e 3º percorrendo a lonxa e os almacéns de traballo seguindo as explicacións do guía. Na lonxa había peixes espada enormes e tiburóns( marrajos ) que estaban cortando e empaquetando .Nos almacéns había moita xente traballando co peixe, estábanno colocando en caixas, subíanno aos vehículos de carga e circulaban polos corredores cos enormes paquetes camiño dos camións que os levarían ás pescaderías ou fábricas.
Só nos quedou por ver a viaxe do peixe nos camións ata a chegada ao seu destino de venda. Faltounos o sector terciario; pero, algo vimos del ao principio de curso cando visitamos a praza de abastos de Moaña e vimos os postos das vendedoras de carne e peixe.
13 de dec. de 2012
4º lembra a viaxe a Santiago de Compostela
"Todos os nenos e nenas do mundo teñen dereito desde que nacen a ter un nome e unha nacionalidade."
27 de set. de 2012
EXCURSIÓN POR MOAÑA
O venres dia 21, os alumnos e alumnas de 2º ciclo, saímos do cole de excursión.
Fomos ao Con e dende aí á praza de abastos para ver os peixes que había.
De camiño vimos barcos tradicionais e de pasaxeiros e embarcacións de recreo.
Ao final xogamos no parque.
QUERES FACER UN COMENTARIO?
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.