Amosando publicacións coa etiqueta Aliméntate ben. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aliméntate ben. Amosar todas as publicacións

27 de maio de 2020

ACTIVIDADE PLÁSTICA para 3º e 4º de PRIMARIA

Ola, bo día  nenas e nenos!!
Hoxe mércores toca actividade plástica así que:
Imos crear un Bodegón de Froitas coa Técnica do Puntillismo (técnica pictórica que utiliza o punto como elemento fundamental na composición dunha obra)
Materiais que necesitarás:

  • Rotuladores de cores.
  • Lapis ou ceras de cores
  • 2 Folios
  • Lapis e goma.
  • Texoiras
  • Pegamento 

Pasos a seguir: 
  1. Pensa en 1, 2, ou 3 froitas que che gusten: De que cor son? Vermella, verde… Pois eses son as cores que vas necesitar.
  2.  Nun folio decora o fondo como queiras.
  3.  No segundo folio debuxa os contornos das froitas que elixiches
  4.  Enche facendo puntos, a froita por dentro coa súa cor, ou coas cores que ti escollas. Unha vez que remates, recórtaas e pégaas no  folio onde debusaches o fondo.
 Déixovos algúns exemplos. E agora a crear!!




Lingua Galega en 3º

En lingua galega propoñemos facer unha receita con froitas variadas. Hai varias opcións: pratos decorados con froitas, ensalada de froitas, espetada de froitas, unha receita de froitas e outros ingredientes ou calquera outra receita que vos guste e leve froitas.
A tarefa podedes presentala feita no caderno ou en folio e facédolle unha foto ou en formato dixital co programa que a vós vos guste.
Lembrade que unha receita ten que presentarse cos apartados seguintes: ingredientes, utensilios, elaboración e imaxe da receita feita.

Galego en 4º

Bos días familias, a partir de agora imos dedicarlles os mércores ao galego.
Dende o colexio propoñemos a seguinte actividade.

Gústavos a froita?  a nós tamén.
Comparte a túa receita favorita con froita.
A receita debe cubrir os seguintes apartados:


NOME DA RECEITA:______________________________

INGREDIENTES:
-
-
-

UTENSILIOS:
-
-
-

PASOS  NO PROCESO DE ELABORACIÓN:
-
-

-

DEBUXO OU FOTO DA RECEITA

IMPORTANTE: Non esquezades revisar o texto para asegurarvos que vai escrito en galego




26 de maio de 2020

Investigación en 3º

Estamos en plena primavera e a natureza brota por todas partes. As froitas enchen de cor as nosas vidas e a nosa saúde e niso imos poñer a nosa atención. Esta semana dedicaremos o martes e o mércores a traballar sobre a froita.
A proposta de hoxe vai de investigación: 
A miña froita favorita
Podedes seguir este guión:
  • Nome
  • Lugar de procedencia
  • Forma, tamaño, cor, sabor, ...
  • Temporada
  • Propiedades e beneficios
Facede un traballo en cartolina, en folio ou en formato dixital, poñede fotos da froita e enviade foto da tarefe.

20 de xuño de 2019

TÍTERES CON FROITAS EN 3º CURSO


O alumnado de 3º aproveitou as caixas das froita que degustamos dentro do Plan Proxecta para facer escenarios e representar, con figuras de papel en formas de froita, distintas historias sobre hábitos saudábeis.
Fixéronno moi ben!













19 de xuño de 2019

A froita en 4º

Outro ano máis saboreamos as froitas durante dúas semanas. Houbo froitas que gustaron máis e algunhas outras que gustaron menos; así que elaboramos unhas gráficas cos resultados da posta en común.


A froita que máis gustou


Como vedes houbo dúas froitas que gustaron moito.

A froita que menos gustou



13 de mar. de 2019

Collendo laranxas

Hoxe fomos ver as laranxeiras do  noso cole. Como tiña moitas laranxas, recollémolas. Gustounos moito facelo! E logo, botamos contas de cantas foran. 127 laranxas!!! Repartimolas entre os compañeiros e compañeiras, e aínda quedou algunha para as profes






26 de abr. de 2018

FROITAS POUCO COMÚNS PARA OS NENOS E NENAS DE 4º CURSO

O alumnado de 4º curso estivo traballando a expresión oral coa profe Andrea. En concreto fixeron un taller de descrición de froita que poucas veces ou nunca probaron. 
Ao final degustaron as mesmas e.... que ricas estaban!



24 de abr. de 2018

3º, a froita e a división

Na clase de 3º aproveitamos as dúas semanas da froita para entender a división. Por exemplo, aí van as fotos cos amorodos.





23 de abr. de 2018

ARTE CON FROITA NA AULA DE 4º DE PRIMARIA


O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL FIXO UN OBRADOIRO DE FROITA AXUDADO POLOS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA.
ELABORARON DEBUXOS DIVERSOS CON ANACOS DE FROITA QUE PREVIAMENTE PREPARARON EN 4º DE PRIMARIA.
QUEDOULLES XENIAL E, O MELLOR DE TODO, E QUE ESTABAN DELICIOSOS!!!


26 de maio de 2016

Facemos cómic en cuarto curso

Na clase de cuarto curso fixemos cómics, con un único tema: a froita.
Queremos practicar, porque o próximo curso imos participar no concurso de cómic do concello de Moaña.
Mirade que chulos nos quedaron:

13 de maio de 2016

Un cómic coa ferramenta PAINT na sesión TIC

O alumnado de 3º está a facer un cómic co programa Paint, no que teñen que utilizar como personaxes, algunha das froitas que tomaron nestas tres semanas de froita na escola.




26 de abr. de 2016

Semana da froita

Este luns empezamos a 1º das tres semanas da froita .
De luns a venres temos no cole distintas froitas para tomar nos recreos.
A semana da froita forma parte do proxecto do noso centro "Medrando sans con froita", que ten como obxectivo fomentar o seu consumo.
Este  proxecto está subvencionado pola  Consellería de agricultura.



Cadro de Giuseppe Arcimboldo ( 1527-1593) pintor italiano que facía retratos a partir de froitas, flores e plantas.

30 de mar. de 2016

A clase de cuarto curso cambia os menús

Na clase de cuarto curso fixemos unha investigación relacionada cos menús escolares do noso centro.
Elaboramos unha enquisa para saber cales son os menús favoritos e os que menos gustan do noso comedor escolar.
Tamén recollemos datos sobre que menú lles gustaría aos nenos e nenas usuarios do comedor, que non ofrece actualmente o servizo de catering.
Por último, redactamos unha carta aos responsables do catering, onde lles enviamos o resultado da nosa enquisa.
Agora temos xa o menú de abril, e...descubrimos que:
Retiraron o prato que menos gusta aos usuarios,
Engadiron dous dos pratos que propoñíamos ( hamburguesa e albóndigas)
Como tamén había unha proposta de iogur de chocolate, esperamos que os lácteos... sexan de chocolate
Valeu a pena o traballo!!!

11 de mar. de 2015

3º E 4º VISITAN O EROSKI

Onte, os nenos e nenas de 3º e 4º recibimos a visita dunhas representantes do supermercado Eroski para darnos unha charla sobre hábitos de vida saudables. A continuación fomos visitar o supermercado e explicáronnos moitas cousas sobre as distintas seccións. Ao final, preparáronnos unha estupenda merenda. Queremos dar as grazas ás guías polo ben que o fixeron. Aprendemos moito!!!

11 de feb. de 2015

LIBROS COCIÑA

Na hora de ler descubrimos uns libros moi divertidos . Os libros de cociña !.Buscamos todo tipo de receitas e, imos preparar un libro de ementas .

15 de mar. de 2014

Visitamos o súper

O luns pasado recibimos na biblioteca do cole unha charla sobre a alimentación. Foi unha actividade proposta por un supermercado, que incluía ademais unha visita ao mesmo, onde aprendemos moitas cousas. Ao rematar, agasalláronnos cunha merenda de froitas.
Participamos os nenos e nenas de 4º e 5º curso. Gustounos moito:

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas