Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Mes da ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: Mes da ciencia. Amosar todas as publicacións

6 de out. de 2017

Preparando día da ciencia 2017

Os nenos e nenas de 4º empezamos xa a preparar o Día da Ciencia 2017. Aquí quedan uns enlaces interesantes para buscar experimentos.

EXPERIMENTOS FÁCILES

EXPERCIENCIA

EXPERIMENTOS CON AUGA 

10 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS

EXPERIMENTOS CASEIROS

VÍDEOS DE EXPERIMENTOS

30 de nov. de 2016

Resultados da enquisa

Aquí vos deixamos os resultados da enquisa feita sobre os experimentos. O que mais gustou foi o da lámpada. Creemos que fustou moito porque hai que apagar a luz para velo!

24 de nov. de 2016

Diagrama de barras

Xa casi rematamos o proxecto Día da Ciencia 2016! Solo nos faltaba facer o diagrama de barras cos resultados das enquisas.Para realizalo utilizamos unha ferramenta dixital, o ChartGo:



17 de nov. de 2016

Enquisa


Agora que rematou o Día da Ciencia, preparamos unha enquisa para facerlle ao noso "público". A pregunta era: que experimento che gustou mais? Encántanos ir a facer enquisas! Despois fixemos unha posta en común para sumar os datos:


O Día da Ciencia 2016 no noso cole

Despois de moito traballo na clase de cuarto curso, celebramos o Día da Ciencia en galego.
Fixemos catro actuacións para todos os nenos e nenas do cole, nas que explicamos a quen estaba dedicado o Día da Ciencia 2016 mediante unha presentación de diapositivas que preparamos nas sesións de "Aprender a investigar".
Despois presentamos os nosos experimentos.
Saíunos moi ben!

2 de nov. de 2016

Día da Ciencia 2106

Na clase de cuarto decidimos seleccionar dúas presentacións dixitais para proxectar no Día da Ciencia, dado que imos repartir en catro sesións a celebracións:



As nosas presentacións dixitais

Xa temos preparadas as presentacións dixitais! Agora ven o mais difícil: Escoller cal imos proxectar o Dia da Ciencia!:



31 de out. de 2016

A bioloxía no Día da Ciencia

Na clase de cuarto seguimos preparando as presentacións dixitais sobre Cruz Gallástegui, fundador da Misión Biolóxica de Galicia.


20 de out. de 2016

Experimentos e máis experimentos en cuarto curso.

Na clase de cuarto curso estamos preparando o Día da Ciencia.
Despois de buscar información sobre distintos experimentos, probámolos na clase.Experimentos con fariña, con auga, coca-cola, laranxas, aceite,leite....
Despois fixemos unha selección dos que imos amosar aos nosos compañeiros e compañeiras na biblioteca escolar.
Pasámolo moi ben facendo os experimentos!!!


19 de out. de 2016

Os carteis para o Día da Ciencia

Agora estamos preparando os carteis para o Día da Ciencia. 
Teñen que quedar vistosos, e coa información completa.
 Aquí podedes ver como van quedando:


17 de out. de 2016

Os nosos retratos de Cruz Gallástegui

Xa rematamos os retratos de Cruz Gallástegui:

6 de out. de 2016

Día da ciencia: A bioloxía

Como o Día da Ciencia deste ano está dedicado á Bioloxía e a Cruz Gallástegui, en cuarto curso estamos buscando que é a bioloxía para poder explicalo no día da Ciencia.
Tamén buscamos información para facer unha pequena biografía de Cruz Gallástegui e presentala en formato de diapositivas para proxectar ese día:


23 de set. de 2016

Buscamos información na rede

En cuarto curso seguimos preparando o Día da Ciencia. Hoxe, na aula TIC seguimos buscanco experimentos fáciles de facer e explicar. Utilizamos os nosos cadernos de investigación para recompilar a información:



22 de set. de 2016

Aprender a investigar


A primeira tarefa de Aprender a investigar deste curso consiste en deseñar a celebración do  Día da Ciencia en Galego no noso colexio.
Que sería do Día da Ciencia sen experimentos?
Por iso temos que recompilar datos para realizar distintos experimentos que teremos que probar e seleccionar.
Os datos anotarémolos nos nosos cadernos de investigación
Aquí temos algunhas páxinas de interesantes:

EXPERIMENTOS FÁCILES

EXPERCIENCIA

EXPERIMENTOS CON AUGA 

10 EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS

EXPERIMENTOS CASEIROS

VÍDEOS DE EXPERIMENTOS

21 de set. de 2016

Buscamos información na biblioteca

En cuarto curso temos unha nova asignatura: Aprender a investigar.
O primeiro que temos que facer é organizar o Día da Ciencia.
Organizar o Día da Ciencia é unha tarefa moi complicada! Os nenos e nenas de cuarto somos os encargador da celebración. Despois de xuntarnos para decidir o que temos , empezamos a primeira tarefa, que foi  por buscar na biblioteca escolar os libros que poden servirnos para buscar experimentos.
Unha vez seleccionados os libros puxemos pos-it nas páxinas que nos interesan para ler e escoller os que nos poden servir.





24 de nov. de 2015

Os nosos diagramas de barras

Na clase de cuarto fixemos diagramas de barras para reflexar os datos recollidos nestes días. Tratábase de ver cales foron os experimentos que mais gustaron no Día da Ciencia.
Para facer os diagramas utilizamos unha ferramenta que nos gustou moito: ChartGo
Este é o resultado dos datos recollidos.

O que máis gustou en todos os grupos de idade foi "A lámpada de lava".

12 de nov. de 2015

E agora....matemáticas

Os nenos e nenas cuarto propuxémoslle á nosa titora facer unha enquisa para ver cales dos experimentos gustaron máis .
Elaboramos as preguntas
Repartímonos por parellas e fomos polas clases para facer a enquisa
E agora temos que pasar os datos a un diagrama de barras!

3 de nov. de 2015

Por fin, Día da Ciencia

O alumnado de cuarto curso , dentro da asignatura de Aprender a investigar, traballamos no Proxecto Día  Ciencia.Estas son algunhas das cousas que fixemos:
A biografías sobre Mª de los Angeles Alvariño, a quen está dedicado o Día da Ciencia en galego, Preparamos carteis para anunciar o día
Buscamos diferentes experimentos,que probamos en casa, e logo na nosa clase, diante dos compañeiros.
Seleccionamos os que nos pareceron mais vistosos,
Programamos dúas sesións diferentes, segundo as idades para as que íamos traballar.
Repartímonos as tarefas, e preparamos textos que memorizamos.
Cando chegou o día estabamos moi nerviosos, pero todos nos felicitaron!


30 de out. de 2015

Biografía de Ángeles Alvariño

Os nenos e nenas de 4º curso seguimos co noso proxecto do Día da Ciencia en galego. Esta é a biografía que fixemos de  Mª de los Ángeles Alvariño,, a quen se lle dedica o Día

12 de out. de 2015

Seguimos traballando

O alumnado de cuarto curso , dentro da asignatura de Aprender a investigar, estamos desenvolvendo O Proxecto Día  Ciencia.
Para iso investigamos sobre Mª de los Angeles Alvariño, a quen está dedicado o Día da Ciencia en galego,Entre todos e todas redactamos  unha pequena biografía, para facer unha exposición dixital
Como non atopamos fotografías dela con permiso para usalas, tivemos que facer una ilustración para poñer na presentación de diapositivas.





QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas