Amosando publicacións coa etiqueta Recibimos a..... Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recibimos a..... Amosar todas as publicacións

11 de mar. de 2016

Salvamento marítimo

Hoxe recibimos na clase de cuarto curso a Marcos Ogando, que é o pai de Samuel, e traballa de piloto en salvamento marítimo.
Veu a falarnos das súa profesión. Gustounos moito todo o que nos contou, e fixemos moitas preguntas. Trouxo o seu casco e o traxe para que puideramos velo. Ademais agasallounos cunhas fotos aéreas do noso cole, que el mesmo sacou.

9 de mar. de 2016

Día da muller traballadora

Noelia Pérez. distinguida como a mellor técnica de taekwondo de España 2015, estivo na nosa escola falándonos do seu traballo.
  Moito alumnado xa a coñecía persolmente por impartir esta especialidade deportiva como extraescolar, pero foron moitas as curiosidades e informacións que nos transmitiu sobre o seu curioso traballo.
Cando rematou a súa intervención fixo unha pequena exhibición dun pumse e houbo unha interminable rolda de preguntas. 

14 de dec. de 2015

Correos en Nadal

Hoxe recibimos a visita de Antonio, que traballa en Correos en Moaña.
Queriamos saber como fai unha carta para chegar ao seu destino.

Antonio explicounos como clasifican as cartas, como as envían a outras cidades e países.
Tamén explicou como se debe poñer o enderezo  e o remite. para que non se perdan.
Falounos dos selos e dos vehículos que usan os carteiros/as  para facer o reparto.
Agora sabemos que en Moaña hai 13 carteiros, e que hai máis mulleres que homes.
Aprendemos un montón de cousas, e trouxonos unha caixa de correos ( "buzón" ) de agasallo.

Borja foi o que organizou esta visita. Estes nenos de 4º curso son moi autónomos!

10 de dec. de 2014

Os bombeiros no cole

O pasado venres recibimos no noso colexio a visita dos "Bombeiros do Morrazo". Están levando a cabo unha campaña de recollida de alimentos para "Cáritas Morrazo" e a cambio fannos unha demostración do seu traballo.Aquí tedes unha pequena mostra:

28 de out. de 2014

OS ANIMAIS, OS NOSOS AMIGOS

O mércores, 15 de outubro, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria recibimos no cole a visita de Pedro Estévez. Pedro é veterinario e explicounos unha morea de cousas: agora sabemos que os animais son os nosos amigos dende hai miles de anos, ou que os veterinarios fan moitas máis cousas que curar animais. Tamén nos divertimos moito xogando con Pedro e con “Pongo”. Ademais de gustarnos os animais, agora tamén os coñecemos mellor e respetámolos máis. Grazas, Pedro!!


28 de mar. de 2011

Falamos co autor de...

O venres recibimos na biblioteca escolar ao autor do libro que limos últimamente: "Violeta non é Violeta" do escritor X.A. Neira Cruz.
Estivemos os maiores do colexio: 4º, 5º e 6º curso.
O autor gustóunos moito, respondeu as nosa preguntas, e contounos que está a escribir a continuación. Que ben! Os de cuarto regalámoslle as ilustracións que fixemos do seu libro. Gustáronlle moito.

24 de nov. de 2010

Os audiovisuais

Os nenos e nenas de terceiro estamos facendo un libro moi bonito sobre as nosas mascotas. Como está quedando moi chulo, imos facer un audiovisual con él.
Onte a profe Gloria empezou a gravar as voces.
Viñeron de Lingua galega. tv a gravarnos e puxemonos un pouco nerviosos.Pero as profes din que nos vai quedar moi chulo.

23 de nov. de 2010

Zari, a cadela guía

O outro dia veu unha moza cega coa súa cadela guía ao cole, e contounos como convive coa cadela.
Díxonos que si vemos a alguén con un can guía, hai que pedirlle permiso ao dono para acariñalo. Tamén nos contou que estos cans están moi limpos porque teñen que ir ao súper. O can chámase Zari.
Zari vai moito ao veterinario e tamén vai a peluquería e ao dentista.
Candela 4º curso
Hoxe visitounos na escola unha moza con problemas de vista. Tiña unha cadela guía.
Fomos á biblioteca, e escoitamos varias cousas:
Como a adiestraban, canto tempo tardou en adaptarse a ela, e que cando leva o arnés, quere dicir que está traballando.
Ao final deixounos acariciala.
Aarón 4º curso
O luns veu ao cole unha rapaza con problemas de visión, coa súa cadela guía.
A dona chámase Susana, e a cadela Zari.
Susana explicounos moitas cousas:
Que a cadela tiña 4 anos, e levaba 3 anos con ela, porque o 1º ano todos os cans guía teñen que ir á escola.
E o final acaricíamola.
Óscar 4º curso

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas