21 de dec. de 2025
17 de dec. de 2025
Programación do último día de clase
Aquí temos os carteis coa programación das distintas actividades do venres 19 realizada polo alumnado de 3º de primaria.
Está todo moi ben explicadiño!
21 de dec. de 2024
Visita dos Reis Magos
Que contentos quedamos en 3º e 4º coa visita dos Reis Magos. Cantámoslle unha panxoliña e eles trouxéronnos moitos agasallos e tamén deliciosos caramelos.
20 de dec. de 2024
Cos mellores desexos de 3º de primaria!
Queridos nenos, nenas e familias:
Velaquí tendes a felicitación que fixemos na aula de 3º de primaria, coa que vos enviamos os mellores desexos para estes días e o vindeiro 2025.
Que sexades moi, moi, moi felices sempre!!
BO NADAL DESDE A AULA DE 4º
O alumnado de 4º, a través desta historia, quere desexarvos unhas felices festas.
19 de dec. de 2024
Panxoliñas no centro de día Apreixo
Hoxe fomos cantar as panxoliñas ao centro de día Apreixo Pasamos unha xornada diferente cos nosos maiores onde nos contaron como era o seu Nadal cando eles eran pequenos…sabedes que non viña Papá Noel, ou que os reis traian bonecas de cartón???
18 de dec. de 2024
Nadal en Quintela
22 de dec. de 2023
Os Reis Magos visitan Quintela
As súas maxestades, os Reis Magos, puideron gozar das actuacións do alumnado de 3º e 4º. Recolleron as súas cartas e levaron agasallos para cada aula.
Aquí están os nenos e nenas de 3º cos Reis Magos
E aquí os nenos e nenas de 4º
O alumnado de 3º cantou Da rosa rosiña. Mirade que ben o fixeron e que ben o pasaron
Os nenos e nenas de 4º, cantaron Agasallos de Nadal, unha panxoliña con texto e música de Susa Herrera, nun arranxo feito pola profe de Música, María. Fermosísimo!
21 de dec. de 2023
Felicitación de Nadal terceiro
O alumnado de terceiro curso queremos desexarvos unhas Boas Festas con este vídeo.
Divertímonos moito facéndoo e esperamos que vos guste.
BO NADAL!!!!
15 de dec. de 2023
Panxoliñas de terceiro curso no centro de día
O mércores fomos ao centro de día Contigo de Moaña a cantar a panxoliña Rosa Rosiña.
Aquí tendes un vídeo do ben que o fixemos:)
Pasámolo xenial!!!
23 de dec. de 2022
Panxoliña para os Reis Magos de 3° e 4°
Que contentos quedaron os Reis Magos na súa visita ao cole. Os nenos e nenas cantaron e bailaron unhas fermosas panxoliñas e eles, déronlles uns caramelos e tamén uns agasallos.
22 de dec. de 2022
Postais de Nadal de 3º e 4º
Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria deséxanvos unhas felices festas con estas tarxetas elaboradas coa aplicación Paint.
Visitamos Apreixo
Onte, os nenos e nenas de 3º visitamos o centro de día Apreixo. Alí cantamos a panxoliña Da rosa rosiña, que preparamos nas sesións de música. Foi unha experiencia moi fermosa, porque, ademais de actuar, logo voltamos cantar de novo cos maiores, que se animaron facendo os xestos cos que representabamos a música e tocando palmas. Moitísimas grazas!
21 de dec. de 2022
Visitamos Contigo
Este Nadal ensaiamos en clase de Música unha nova panxoliña, con texto e música de Susa Herrera, e adaptación do texto da profe María Carrasco. Aprendemos a facer a cadea inglesa, e o baile quedou tan ben, que non só imos cantar para os Reis Magos, senón que visitamos o centro de día Contigo para actuar para os maiores que estaban alí. Foi moi agradable compartir tempo eles.
21 de dec. de 2021
VISITA DOS REIS MAGOS
Hoxe visitáronnos os Reis Magos! Cantámoslles as nosas panxoliñas e eles trouxéronnos agasallos e déronnos caramelos. Aquí podedes ver o ben que nos saíu a actuación!
20 de dec. de 2021
FELICITACIÓN DE NADAL
24 de dec. de 2020
PANXOLIÑAS DO ALUMNADO DE 3º E 4º AOS REIS MAGOS
Os Reis viñeron ao cole a visitarnos o martes día 22. Estivemos con eles, levámoslle a nosa carta, cantámoslle unha panxoliña e eles trouxéronnos uns agasallos.
21 de dec. de 2019
A VISITA DOS REIS MAGOS
19 de dec. de 2019
FELICITACIÓN DE NADAL DO ALUMNADO DE 4º CURSO
Pero se a estas datas lle engadimos algo de solidariedade, entón poderemos disfrutalas moito máis.
Coa nosa felicitación deste ano decidimos aproveitar para reflexionar sobre este aspecto tan importante.
Esperamos que a disfrutedes igual que queremos que disfrutedes destes días tan especiais.
Feliz Nadal para todos e todas e esperemos comezar un ano que sexa aínda mellor que o anterior.
QUERES FACER UN COMENTARIO?
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.
















