Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Día da Paz. Amosar todas as publicacións

30 de xan. de 2025

Día da Paz

 Hoxe conmemoramos no cole o Día da Paz coa visita dos pallasos de hospital Galiclown que nos fixeron rir moito.

Galiclown é unha asociación sen ánimo de lucro formada por voluntarios e voluntarias que dedican o seu tempo de lecer a visitar o hospital e facer rir e pasar un bo rato ás nenas e nenos alí hospitalizados.

Grazas por visitarnos e facernos rir tanto!

Ademais o alumnado lanzou avións de papel con mensaxes de paz

19 de xan. de 2024

VISITA DE PAULA SUÁREZ, A AUTORA DE “O MUNDO DE CORES DE ROQUE E LÍA”

 




         Hoxe, 19 de xaneiro, coñecemos a autora do libro “O mundo de cores de Roque e Lía”. Contounos o conto e, ó rematar, pintamos as unllas de cores, coma as personaxes do libro. Divertímonos moito e saímos guapísim@s.

Ademais, os nen@s de 3º fixéronlle unha entrevista na que lles countou unha morea de cousas mais.

Grazas, Paula!






17 de feb. de 2023

Kamishibai en AFAMO

 

No día da Paz quixemos acordarnos daquelas persoas que asisten cada día aos centros de día e levarlles unha actividade especial. En AFAMO recibíronnos con moita alegría e nós esforzámosnos moito para que desfrutaran un ratiño co noso conto.

 Martina, a directora do centro explicounos que actividades facían e como funcionaban estes centros de día. Tamén nos explicou que actividades eran beneficiosas para as persoas afectadas de Alzeimer e mesmo para os que non estaban afectados. Gustounos moito compartir esta xornada con todos eles e elas.

 

Kamishibai en Apreixo

 

 Polo día da Paz decidimos no cole visitar os centros de día de Moaña e compartir cos seus asistentes algunha actividade.

Desta volta visitamos o centro de día APREIXO. Alí recibíronnos moi contentos os asistentes, compartimos unha actividade plástica con eles e elas facendo unha pomba da Paz. Despois contámoslle o conto  O Coelliño Branco

Gustounos moito compartir con eles e agradecemos a calurosa benvida a todos os/as asistentes e ao persoal responsable.

Kamishibai de 4º de Primaria en Apreixo

 Polo día da Paz decidimos no cole visitar os centros de día de Moaña e compartir cos seus asistentes algunha actividade.

Desta volta visitamos o centro de día APREIXO. Alí recibíronnos moi contentos os asistentes, compartimos unha actividade plástica con eles e elas facendo unha pomba da Paz. Despois contámoslle o conto  O Coelliño Branco

Gustounos moito compartir con eles e agradecemos a calurosa benvida a todos os/as asistentes e ao persoal responsable. 


14 de feb. de 2023

Kamishibai 4º primaria en AFAMO

No día da Paz quixemos acordarnos daquelas persoas que asisten cada día aos centros de día e levarlles unha actividade especial. En AFAMO recibíronnos con moita alegría e nós esforzámosnos moito para que desfrutaran un ratiño co noso conto.

 Martina, a directora do centro explicounos que actividades facían e como funcionaban estes centros de día. Tamén nos explicou que actividades eran beneficiosas para as persoas afectadas de Alzeimer e mesmo para os que non estaban afectados. Gustounos moito compartir esta xornada con todos eles e elas.

 


7 de feb. de 2023

Kamishibai de 3º de primaria en Contigo

As nenas e nenos de 3º visitaron os centros de día Afamo e Contigo na semana da Paz. 
Alí narraron co Kamishibai un conto de Marisa Núñez titulado "A cebra Camila".
Gozaron moito con esta actividade e os nosos maiores tamén.
Moitas grazas a estes centros de día por recibirnos tan amablemente.

 

1 de feb. de 2023

DÍA DA PAZ

 Polo Día da Paz, recibimos a visita da Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo, que teñen como principal obxetivo axudar aos máis vulnerables, a través de colectivos sociais, ONGs, etc.

Visitáronnos dúas voluntarias da asociación e explicaron ao alumnado cal é a súa función e como podemos axudar.

Para a ocasión organizouse unha campaña de recollida de alimentos na que participou toda a comunidade educativa.

Grazas a todas as familias pola vosa colaboración e implicación!!!

28 de xan. de 2022

Sorrisos pola Paz

No día de hoxe o alumnado do cole tivo un divertido encontro coa ONG GALICLOWN.
Esta asociación reune unha gran variedade de artistas profesionais de Galicia (pallasos, magos, músicos...), que de xeito voluntario fan visitas aos hospitais para mellorar a estancia dos nenos e nenas hospitalizados.

5 de feb. de 2020

A visita de 4º a "Apreixo"

O pasado venres 31 de xaneiro a clase de cuarto fomos visitar o Centro de Día "Apreixo".
Chegamos ás 10:30 despois dun agradable paseo.
Cando chegamos saudamos a todas as persoas que nos estaban esperando con moita ilusión, tanta como tiñamos nós.
Cantamos e tocamos unha canción coa frauta. A canción falaba da Paz.
Despois estivemos falando con eles mentres faciamos dous preciosos murais e invitáronnos a merendar.
Foi unha mañá preciosa e todos os nenos e nenas recibimos moito cariño, foi unha vivencia realmente enriquecedora para todos, non queriamos marchar.
Gustaríanos felicitar a Sara , Sandra e Olga Rosales e a Sara Mariño, xunto co resto do equipo,  pola labor que realizan alí e darlle as grazas por deixarnos desfrutar desta experiencia. Un bico moi grande.

10 de feb. de 2019

DÍA DA PAZ

5 de feb. de 2019

4º VISITA OS AFILLADOS E AFILLADAS

A clase de 4º visitou á clase de 5º de Infantil porque son os seus afillados e afilladas. Querían recitarlles o poema rapeado que traballaron para celebrar o Día da Paz. Déronlle ritmo de rap a un poema de Gloria Fuertes titulado " Só tres letras ". Gustoulles moito volver a estar nunha das aulas de Infantil.  Ademais o alumnado de 5º de Infantil pórtase de marabilla.






  

1 de feb. de 2019

Recitado dos máis pequenos a 3º

Con motivo do día da Paz, a clase de 3º visitamos os nosos afillados de 4º de infantil.
Ademais de portarse fenomenal, coma sempre, recitáronnos unha preciosa poesía . Son uns artistas!


3º recibe aos de 2º na clase

Esta semana a clase de 3º recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras de 2º.
Cantaron unha preciosa canción para celebrar o día da Paz.
O máis bonito foi que mentres a cantaban contárona tamén coa linguaxe de signos.
Felicidades por esta idea tan chula!


3º recita para outra clases


Esta semana, para celebrar o día da Paz, os nenos e nenas de 3º pasamos polas diferentes clases para recitar o noso poema.


Recitado do día da Paz en 3º


Esta é a poesía que apredemos os nenos e nenas da clase de 3º para celebrar o día da Paz.
Titúlase "O reino" e é de Celso Emilio Ferreiro.
Esperamos que vos guste.


6 de feb. de 2017

DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro, celebramos no colexio o Día da paz e a non violencia. Os nenos/as de 6º de Primaria léronnos o manifesto pola paz e cada curso a continuación leu a súa mensaxe de paz. Cantamos e bailamos a canción de Toc Toc de Pablo Díaz e colgamos as nosas mensaxes e símbolos de paz na entrada do colexio.

4 de feb. de 2017

Unha visita con poesía

O día da Paz os nenos e nenas de 3º visitamos tódalas aulas e recitamos un poema de Xosé Lois García, titulado "O neno e o xabarín". Neste video temos a Zaira e Yasmina en 4º de infantil. Que ben o fixestes!

                                         

Día da Paz

Esta pasada semana celebramos o Día da Paz no cole. Visitamos a biblioteca onde había unha exposición sobre libros relacionados coa Paz e o día 30 fixemos varias actividades conxuntas que nos resume moi ben o noso compañeiro Unai neste texto que acompaña a estas imaxes.

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas