Segundo ciclo en Quintela
3º e 4º de Primaria
5 de dec. de 2025
4 de dec. de 2025
3 de decembro. Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional
No cole, traballamos o Día da Diversidade. O departamento de orientación preparou unha exposición que amosa a realidade para unha persoa con discapacidade cando escoita frases que consideramos "normais" dicir.
O que nos quedou claro é que non hai dúas persoas iguais, todos somos diferentes e non por iso somos mellores nin peores.
2 de dec. de 2025
26 de nov. de 2025
21 de nov. de 2025
Sementando os nosos dereitos
20 de nov. de 2025
Visita ao porto de Vigo
O luns, os alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria aprenderon moito sobre o fondo da nosa ría no Nautilus e o Hidria Segundo.
Visita ao Concello
O alumnado de 4º de primaria tivo o pracer de recibir unha visita guiada polo concello de Moaña.
Alí aprendemos moitas cousas interesantes sobre o seu funcionamento, puidemos falar coa alcaldesa e simular un pleno entre nós.
13 de nov. de 2025
Día da ciencia en 4º
Esta mañá comezamos a investigar sobre experimentos para o Día da ciencia.
Estivemos buscando opcións nos libros que subimos da biblioteca e apareceron cousiñas interesantes.
Aquí vos deixamos uns enlaces para que vexades algúns vídeos que vos poidan axudar nas vosas investigacións.
Experimento para saber como se forma a néboa
Experimentos para comprender a presión atmosférica
Experimentos sobre presión atmosférica y vacío
Experimentos para explicar o vento
Experimento como se forman as nubes
Experimento de densidades: as uvas flotantes
12 de nov. de 2025
APADRIÑAMENTO LECTOR
Hoxe fixemos a primeira xuntaza de apadriñamento lector do curso. O alumnado de 4ºP e 6ºI compartiron lecturas moi interesantes na biblioteca.
O Magosto
O luns celebramos o magosto no cole. Divertímonos moito cos xogos populares (carreiras de sacos, zancos, soga tira...), comemos castañas e tamén un chouripán co que nos agasallou a ANPA, a que queremos agradecer unha vez máis a súa gran axuda e colaboración co centro.
8 de nov. de 2025
Cros Zonal Xogade
4 de nov. de 2025
3 de nov. de 2025
Samaín
Fermosas as cabazas que prepararon as nenas e nenos para decorar o cole e acender no día do Samaín.
29 de out. de 2025
Presentación do alumnado de 3º e 4º
Os nenos e nenas de 3º e 4º fixeron unha presentación usando a aplicación Imovie. Quedoulles moi simpática!
28 de out. de 2025
Magosto no centro Contigo
Hoxe visitamos o centro de día Contigo para celebrar cos maiores o magosto.
Ensináronnos xogos tradicionais. Despois comemos castañas e bizcoito e finalmente bailamos co grupo Charaviscas de Domaio.
Pasámolo xenial
27 de out. de 2025
Merge cube para traballar o sistema solar en 3º de primaria
O alumnado de terceiro estivo investigando curiosidades sobre o sistema solar empregando os Merge Cube.
Fixeron unhas anotacións moi interesantes sobre o que descubriron.
9 de out. de 2025
Xogamos co paracaídas
En E.F. estivemos traballando os xogos cooperativos e o paracaídas resulta moi atractivo para amenizar a clase.
QUERES FACER UN COMENTARIO?
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.




































