Amosando publicacións coa etiqueta As familias e a escola. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta As familias e a escola. Amosar todas as publicacións

19 de mar. de 2018

OBRADOIRO DE COCIÑA NA AULA DE 4º CURSO

Na aula de 4º curso recibimos a Cristina, avoa de Mateo, que veu facer orellas de entroido con nós. Ensinounos paso a paso todo o proceso e, saíronnos xenial.
Estaban boísimas!!
Aquí deixamos o trailer feito por Mateo e Aisha.


2 de maio de 2016

As familias contan: Astrid

Tivemos unha contacontos moi especial, Astrid a nai de Samuel trouxonos as historias de Pete, un gatiño negro moi divertido.

27 de abr. de 2016

Os de 3º viaxamos a Exipto

A nosa compañeira Leire propúxonos esta fantástica viaxe polo Antigo Exipto.
Resultounos un tema moi interesante e por iso investigamos sobre el.
Aprendemos, entre outras cousas, os costumes exipcios, cales eran os seus deuses, como era o papel que empregaban, o seu alfabeto, etc.
O que maís nos gustou a todos e a todas foron as pirámides e as súas momias!!!

Grazas familias por viaxar con nós!

(Palabras dos nenos e nenas de






11 de mar. de 2016

Salvamento marítimo

Hoxe recibimos na clase de cuarto curso a Marcos Ogando, que é o pai de Samuel, e traballa de piloto en salvamento marítimo.
Veu a falarnos das súa profesión. Gustounos moito todo o que nos contou, e fixemos moitas preguntas. Trouxo o seu casco e o traxe para que puideramos velo. Ademais agasallounos cunhas fotos aéreas do noso cole, que el mesmo sacou.

9 de mar. de 2016

Día da muller traballadora

Noelia Pérez. distinguida como a mellor técnica de taekwondo de España 2015, estivo na nosa escola falándonos do seu traballo.
  Moito alumnado xa a coñecía persolmente por impartir esta especialidade deportiva como extraescolar, pero foron moitas as curiosidades e informacións que nos transmitiu sobre o seu curioso traballo.
Cando rematou a súa intervención fixo unha pequena exhibición dun pumse e houbo unha interminable rolda de preguntas. 

16 de abr. de 2013

Recibimos ao pai de Breixo

Zoilo, o pai de Breixo, falounos do seu traballo de mariñeiro en alta mar. Mostrounos no mapamundi os países nos que pescou. Tamén nos ensinou fotos nos barcos. Repetiunos moitas veces a importancia que ten estudar moito para poder conseguir un traballo que nos guste e para iso hai que facer caso ás profesoras. Grazas Zoilo pola túa colaboración!!

 

5 de abr. de 2013

Charla para as familias


Queridas familias:

Conscientes da crecente preocupación polo coidado do medio ambiente e da nosa saúde, dende o Equipo de Natureza, queremos convidarvos a unha charla informativa sobre os grupos de consumo ecolóxico. Nela, trataremos os seguintes temas:
·               Unha alimentación máis saudable e natural para os nosos fill@s.
·               Coñecer de onde proceden os alimentos que consumimos.
·              A cociña con alimentos frescos e ecolóxicos, cultivados ou elaborados por pequenos produtores da nosa comunidade.
·               A mellora do medio ambiente no que vivimos.
·               O comercio xusto.
A charla terá lugar o martes día 9 na aula de música, ás 16:00.

Un saúdo

María    C. -  Coordinadora do Equipo de Natureza.

12 de mar. de 2013

Rimas de amor

Extraordinaria foi a participación das familias na convocatoria de rimas de amor para os seus fillos. Unha vez máis agradecemos ás familias a colaboración que prestan nas nosas propostas e a boa disposición cara a lingua. Recibimos máis e cen rimas en galego dedicadas aos nosos alumnos e alumnas sin que a convocatoria mencionara expresamente este requisito. O Equipo de biblioteca e o de Dinamización Lingüística, valoran este feito moi positivamente e non poden deixar de felicitar a todas as familias por compartir palabras tan fermosas cos seus fillos. Aqui podemos ver algunhas das rimas:

1 de nov. de 2012

Exposición de cabazas

Intentando recuperar a tradición do tallado de cabazas para os cativos e cativas, este ano volvemos a organizar unha exposición de cabazas talladas polas familias de Quintela. A particiación foi extraordinaria e a exposición resultou impresionante. Temos que destacar ademais a entrega e a orixinalidade coa que participaron todas as familias , un feito que enorgullece ao alumnado e que o profesorado non deixa sen agradecer. 

18 de mar. de 2011

Uso saudable do ordenador.

Para un uso saudable do ordenador por parte de toda a familia:

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas