Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Meteoquintela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Meteoquintela. Amosar todas as publicacións

15 de out. de 2022

3º visita a estación meteorolóxica

Neste mes de outubro o alumnado de 6º de primaria empezou a recoller os datos da estación meteorolóxica que temos no patio traseiro.

As nenas e nenos de 3º aproveitamos para ir a visitala e observamos a caseta co termómetro e tocamos o pluviómetro.

Mensualmente tócanos levar o reconto do día que máis choveu.

Xa vos iremos contando.







5 de maio de 2020

Sociais 3º

Esta semana imos retomar o proxecto de Meteoquintela. Desde este martes ata o próximo luns iredes anotando o tempo atmosférico: soleado, anubrado, sol e nubes, chuva e vento. Para representalo mellor facedes unha táboa como a do xogo de "Hundir la flota", con liña horizontal e vertical (lembrade que se chaman coordenadas e que están explicadas no libro de matemáticas). Na horizontal indicades os símbolos da atmosfera e na vertical os días da semana desde o que empezades. Ademais buscades a información sobre a temperatura máxima de cada día ( lembrade que se recolle ao día seguinte), anotádela e resaltades cal foi o día de maior temperatura desta semana. Cando teñades todo feito mandades foto do traballo. 
Un saúdo

29 de nov. de 2019

Meteoquintela en 3º

A clase de 3º foi visitar a estación meteorolóxica do cole. Vimos a caseta meteorolóxica co termómetro e o pluviómetro. Despois fomos ver a pizarra cos datos do día recollidos polo alumnado de 6º e 5º. A continuación, volvemos á nosa aula e traballamos en grupos observando as plantillas dos datos e fixándonos no día que máis choveu en cada semana do mes de outubro. Seguimos, anotando na libreta de sociais o día que máis choveu do mes dentro do apartado dedicado ao proxecto METEOQUINTELA. Por último, pasamos a información á plantilla que temos para informar ao resto do cole e que espoñemos no corredor cos demais traballos de cada mes.





19 de xuño de 2019

Meteoquintela en 4º

En 4º este curso  dentro do Proxecto de Meteoquintela estivemos recollendo os datos de temperatura mínima e temperatura máxima desde outubro ata maio. Ao final de curso elaboramos gráficas de barras para comparar os datos facilmente. Primeiro fixémolas no caderno de sociais e logo no programa informático chartgo. 

Por se non se le con claridade: Temperatura mínima

 

Na liña vertical do 2º gráfico os graos están ampliados e só hai que imaxinarse que sobra o último cero de cada número que indica os graos. 

Por se non se le con claridade: Temperatura máxima

9 de xan. de 2019

4º curso recolle datos sobre a chuva

O alumnado de 4º curso estivo recollendo datos na estación meterolóxica sobre os días que choveu ao longo do 1º trimestre. Empregaron o chartgo para facer os diagramas, tanto de barra como de pastel.
Aquí temos o resultado.



18 de dec. de 2018

Meteoquintela en 4º

Este curso á clase de 4º tócanos en Meteoquintela recoller os datos sobre a temperatura máxima e mínima de cada mes. Así que ao rematar un mes collemos as plantillas de recollida de datos diarios e por grupos buscamos a información. Despois facemos unha posta en común e un grupo pasa a información á folla para expoñer no corredor. Temos os datos dos meses de outubro e novembro.




30 de abr. de 2018

O libro favorito en 3º

Presentamos o vídeo coas gravacións feitas cos libros favoritos.

27 de abr. de 2018

Meteoquintela en 3º

En 3º cos datos obtidos ao longo dos meses de outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro e marzo aprendemos a facer diagramas de barras na libreta e co xenerador de gráficos online  CHARTGO.

Datos
O día que máis choveu en...
outubro: 15 l / metro cadrado
novembro: 15 l / metro cadrado
decembro: 24 l / metro cadrado
xaneiro: 35 l / metro cadrado
febreiro: 42 l / metro cadrado
marzo: 42 l / por metro cadrado

Estes son os diagramas que aprendemos a facer: diagrama de barras e diagrama de pastel.



26 de abr. de 2018

3º APRENDE A FACER GRÁFICOS NO ORDENADOR

Aproveitando a recollida de datos da estación metereolóxica do cole, os nenos e nenas de 3º curso aprenderon a utilizar a aplicación CHARTGO para facer diagramas. Gustoulles moito!



24 de abr. de 2018

Meteoquintela en 3º

Este mes de abril na clase de 3º temos outra tarefa no proxecto de Meteoquintela: aprender  a recoller os datos na estación meteorolóxica e anotalos na pizarra. Para iso contamos coa axuda da clase de 6º.




1 de mar. de 2018

Un día de Meteoquintela

Como todas as mañás o alumnado de 6º ensina e  axuda aos demais a recoller os datos meteorolóxicos do día. Hoxe están con Iago e Aldara de 4º.













19 de dec. de 2017

METEOQUINTELA

Este curso para o proxecto de Meteoquintela  á clase de 3º tócanos recoller o dato de cal foi o día que máis choveu de cada mes. Temos recollido dos meses de outubro e novembro. Como levamos un outono moi seco observamos que houbo moi poucos días de chuva. Dase a casualidade de que coincide a cantidade de chuva nos dous meses. Debaixo mostramos o traballo.



7 de out. de 2017

4ºcurso visita a nosa estación meteorolóxica

Esta semana na clase de 4º aprendemos moito sobre os aparellos meteorolóxicos e aproveitamos para visitar a estación que temos no colexio e ver o pluviómetro e o termómetro e como se recollen os datos. Resultou moi interesante!!



17 de dec. de 2016

Meteoquintela 2016-2017


O cole participa un curso máis no proxecto Meteoescolas, dentro dos plans Proxecta. Nós, como o curso pasado, chamarémoslle Meteoquintela. No mes de novembro comezamos de novo a nosa andaina polo mundo da meteoroloxía, 

Con este proxecto,o alumnado desenvolverá competencias en investigación mediante a observación directa do clima na  escola, e así tomaremos datos das precipitacións e das temperaturas, grazas  a estación meteorolóxica que temos instalada no noso centro. 

Aquí vos deixamos o resumo deste mes de novembro, que fixo o alumnado de Primaria: cal foi o día que máis choveu, o climograma, as temperaturas máximas e mínimas,...















                                         














9 de nov. de 2016

O noso traballo sobre Joaquín Sorolla

Na clase de "Aprender a investigar" seguimos traballando sobre Joaquín Sorolla. Coloreamos o seu cadro "Paseo pola praia", escribimos a súa biografía, miramos moitos dos seus cadros, e fixemos os nosos propios cadros da praia.






27 de out. de 2016

Paseo pola praia de Joaquín Sorolla

Dende a biblioteca escolar nos propuxeron traballar sobre algún cadro ou pintor que nos gustase.
Este é o cadro de Joaquín Sorolla que estamos reproducindo. Gústanos porque queríamos escoller un relacionado coa metereoloxía, e nel nótase a brisa:


Titúlase: "Paseo a orillas del mar" e pintouno no ano 1909. Nel aparaecen a súa dona e a súa filla maior.

Esta páxina axúdanos a investigar sobre el:
Blog de Helena

16 de out. de 2016

Carla e os seres vivos

Agora xa sabemos que a  bioloxía é a ciencia que estudia os seres vivos.Carla, coa axuda da súa nai, que é bióloga, preparounos unha presentación dixital para que souberamos un pouco mais sobre os seres vivos máis antigos do planeta:


13 de maio de 2016

O sol chámase...

Mirade que ben recitamos o poema de Manuel María os nenos e nenas de terceiro curso:

12 de maio de 2016

MorfoBooth na aula de 3º

Na clase de 3º estimevos aprendendo moito sobre a metereoloxía co proxecto Meteoquintela. Nas sesións TICs aproveitamos para darlle vida a un elemento atmosférico que nos gustase. Mirade que chulada!

6 de maio de 2016

ENGLISH´S CLASS

SEGUIMOS APRENDENDO SOBRE A METEOROLOXÍA, E ESTA VEZ NA CLASE DE INGLÉS. APRENDERON VOCABULARIO SOBRE O TEMA, A PREGUNTAR QUE TEMPO FAI, SE FAI FRÍO OU CALOR,...MIRADE QUE BEN O FAN OS NENOS E NENAS DE TERCEIRO!!!









QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas