Esta semana imos retomar o proxecto de Meteoquintela. Desde este martes ata o próximo luns iredes anotando o tempo atmosférico: soleado, anubrado, sol e nubes, chuva e vento. Para representalo mellor facedes unha táboa como a do xogo de "Hundir la flota", con liña horizontal e vertical (lembrade que se chaman coordenadas e que están explicadas no libro de matemáticas). Na horizontal indicades os símbolos da atmosfera e na vertical os días da semana desde o que empezades. Ademais buscades a información sobre a temperatura máxima de cada día ( lembrade que se recolle ao día seguinte), anotádela e resaltades cal foi o día de maior temperatura desta semana. Cando teñades todo feito mandades foto do traballo.
Un saúdo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios