Maio, mes das letras
Este ano non podemos ter Festival das Letras Galegas, pero o 17 de maio está xa preto e non queremos deixar de escoitar as vosas voces recitando en lingua galega.
Practicade o recitado dos versos que vos enviou a vosa titora ao correo da familia, escribídeo con letras bonitas e decorádeo no caderno e gravade un pequeno vídeo recitando a estrofa.
Enviade o vídeo á vosa titora antes do 12 de maio para participar, xunto co resto da clase, nun vídeo no que compartiredes co resto do cole os versos de Rosalía de Castro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios