Amosando publicacións coa etiqueta Xogade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xogade. Amosar todas as publicacións

15 de maio de 2025

Balonmán en 4°

 Onte, o alumnado de 4° desfrutou dunha xornada de convivencia no pavillón do Gatañal organizada dentro do programa XOGADE na que xogaron minipartidos de balonmán.

No primeiro trimestre tiveron unhas sesións de balonmán no cole impartidas por monitores do Club Balonmán Cangas e onte gozaron dunha magnífica convivencia no Gatañal acompañados de monitores que dirixiron a actividade.

Parabéns a organización!

10 de abr. de 2025

Atletismo en pista dentro do programa XOGADE

Hoxe, o alumnado de 4° desfrutou dunha xornada deportiva nas pistas de atletismo da Xunqueira.

Houbo carreiras (velocidade, remudas e resistencia) salto de lonxitude e lanzamentos (peso e vórtex) nas que foron participando. Para rematar, almorzamos no parque do faro e fixemos alí o recreo.

Pasámolo moi ben!


7 de feb. de 2025

3º e 4º participa no cros provincial dentro do programa XOGADE

 O alumnado de 3º e 4º clasificouse para desputar o cros zonal por aulas que se celebrou en Zamáns e está enmarcado dentro do programa XOGADE.



3 de dec. de 2024

Última sesión balomán para 4º

 A semana pasada, o alumnado de 4º finalizou a formación en balonmán que nos impartiu o club de balonmán Cangas dentro do programa Xogade.

Fixeron un pouco de repaso do aprendido e remataron con mini partidos. Pasáronno moi ben.


26 de nov. de 2024

Terceira sesión de balonmán para 4°

 O pasado mércores, o alumnado de 4° tivo a súa penúltima sesión da actividade de balonmán enmarcada dentro do programa XOGADE.



7 de nov. de 2024

Segunda sesión de balonmán na aula de 4°

 Onte, desfrutamos e aprendemos moito na segunda sesión de balonmán.


31 de out. de 2024

Balonmán para 4° dentro do programa XOGADE

 Onte deu comezo a actividade de balonmán impartida por entrenadores do Club Balonmán Cangas. Impartirán esta actividade durante 4 sesións na que traballaremos os conceptos básicos deste deporte.

A primera gustounos moito!






23 de abr. de 2024

Xornada de convivencia no Gatañal para 4°

 Hoxe, o alumnado de 4° desfrutou dunha xornada de convivencia no pavillón do Gatañal para xogar ao balonmán, pechando así a actividade iniciada no segundo trimestre coa formación no cole dada por monitores do Club Balonmán Cangas.

Queremos agradecer aos monitores o tempo dedicado e a boa organización deste evento.

Gustounos moito!


20 de abr. de 2024

Atletismo en pista para 4° dentro do programa XOGADE

 Onte, o alumnado de 4° desfrutou dunha xornada de atletismo nas pistas da Xunqueira na que practicaron carreiras de velocidade e resistencia. Tamén houbo salto de lonxitude, lanzamento de vórtex, de peso e, para rematar, unhas remudas.

Pasáronno xenial!

24 de feb. de 2024

Última sesión de balonmán para 4°

 Queremos agradecer a Miguel e ao Club Balonmán Cangas todo o que nos ensinaron nestas catro sesións que recibimos sobre este deporte.

Despedimos a última xornada facendo pequenos partidos na pista e xogos de pilla no ximnasio.


21 de feb. de 2024

Balonmán para 4º dentro do programa XOGADE

 Onte tivemos a terceira sesión. Moito aprendemos!

9 de feb. de 2024

Balonmán dentro do programa XOGADE para 4°

 Hoxe tivemos a segunda sesión de balonmán con Miguel. Practicamos lanzamentos, bote, recepcións…

Grazas Miguel por esta sesión tan divertida!



6 de feb. de 2024

Balonmán dentro do programa XOGADE para 4° de primaria

 Hoxe comezamos a actividade de balonmán para 4° de primaria. Contamos en Miguel, do Club Balonmán Cangas, que nos ensinou algunhas cousas deste deporte de xeito lúdico e divertido.

Contaremos con 4 sesións para coñecer practicar este deporte.


5 de dec. de 2023

Balonmán dentro do programa XOGADE para 4°

 Hoxe, visitounos o Club de Balonmán Cangas para impartir a 1ª das catro sesións que imos ter para coñecer o balonmán. Contamos con Pepe, que nos falou un pouco da actividade en xeral e con Radjmond Toth e con Ricardo Caldeira Brandao, central e pivote do 1° equipo que fixeron actividades con nós. Esta actividade está enmarcada dentro do programa XOGADE, que pechará a actividade cun encontro entre varios colexios para practicar e desfrutar deste deporte.

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas