Amosando publicacións coa etiqueta 4º de Primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4º de Primaria. Amosar todas as publicacións

27 de maio de 2025

Intermareal de Tirán

Os nenos e nenas de cuarto fomos hoxe á Intermareal de Tirán coa Asociación Illa dos ratos. Aprendemos tipos de cunchas, animais mariños, rochas, etc. Para rematar fixemos unha busca de distintas especies na praia. Pasámolo moi ben.



8 de maio de 2025

Maios en San Martiño

 Bos días:

Hoxe subimos a San Martiño para facer un maio co centro de Día Afamo. Colaboramos coas persoas maiores facendo coiares de flores, de laranxas, de fiunchos...

Temán tivemos un voluntario para facer de maio humano. 

Para rematar cantamos a copla que fixemos ao redor do maio e bailamos cancións tradicionais ao ritmo do acordeóan. 

Pasámolo xenial!!!










6 de maio de 2025

Os maios

 Hoxe a clase de cuarto tivemos a visita de Martina e Xavier de Afamo.

Explicáronnos que é un maio e fixemos unha cantiga para recitar o xoves cos maiores.







4 de abr. de 2025

Visita á Casa Museo de Rosalía de Castro

 Bos días:

Hoxe o alumnado de terceiro e cuarto fixemos unha visita á Casa de Rosalía en Padrón.

Aprendemos moitas cousas interesantes que descoñeíamos.

Pasámolo xenial







28 de mar. de 2025

Música en 4°

 Bos días:

Aquí tendes unha mostra da peza musical que estamos practicando en cuarto.

Esperamos que vos guste 😘

18 de mar. de 2025

Ciencias sociais en 4º con scratch

 Hoxe, o alumnado de 4º estivo repasando  as comunidades autónomas de España. O fixeron dun xeito moi divertido e ameno, usando as placas Makey Makey e programando con Scratch.


17 de mar. de 2025

Plantamos na horta

 Hoxe fixemos unha superplantación na nosa horta. Plantamos remolachas. 

Agora a regalas e a esperar...








7 de feb. de 2025

3º e 4º participa no cros provincial dentro do programa XOGADE

 O alumnado de 3º e 4º clasificouse para desputar o cros zonal por aulas que se celebrou en Zamáns e está enmarcado dentro do programa XOGADE.



30 de xan. de 2025

Día da Paz

 Hoxe conmemoramos no cole o Día da Paz coa visita dos pallasos de hospital Galiclown que nos fixeron rir moito.

Galiclown é unha asociación sen ánimo de lucro formada por voluntarios e voluntarias que dedican o seu tempo de lecer a visitar o hospital e facer rir e pasar un bo rato ás nenas e nenos alí hospitalizados.

Grazas por visitarnos e facernos rir tanto!

Ademais o alumnado lanzou avións de papel con mensaxes de paz

29 de xan. de 2025

Apadriñamentos lectores

Hoxe visitamos aos nosos afillad@s na clase de sexto de infantil... Pasamos un rato moi agradable lendo xunt@s.

23 de xan. de 2025

Visita ao concello

Hoxe o alumnado de cuarto visitamos o concello dentro do programa Aprende Moaña. O que máis nos gustou foi o calabozo. Pasámolo xenial.



8 de xan. de 2025

Empezamos con tranquilidade

 Despois das vacacións de Nadal, empezamos o segundo trimestre con calma… Falamos das vacacións e logo houbo tempo libre: construccións, xogos de mesa, plastilina, investigacións… Somos diferentes e cada persoa atopa o seu tempo de relaxarse.



21 de dec. de 2024

Visita dos Reis Magos

 Que contentos quedamos en 3º e 4º coa visita dos Reis Magos. Cantámoslle unha panxoliña e eles trouxéronnos moitos agasallos e tamén deliciosos caramelos.




20 de dec. de 2024

BO NADAL DESDE A AULA DE 4º

 O alumnado de 4º, a través desta historia, quere desexarvos unhas felices festas.

19 de dec. de 2024

Panxoliñas no centro de día Apreixo

 Hoxe fomos cantar as panxoliñas ao centro de día Apreixo Pasamos unha xornada diferente cos nosos maiores onde nos contaron como era o seu Nadal cando eles eran pequenos…sabedes que non viña Papá Noel, ou que os reis traian bonecas de cartón???





18 de dec. de 2024

Nadal en Quintela

Bos días: Xa falta pouco para as vacacións e esta semana adicámonos a disfrutar un pouco do noso decorado navideño feito con cariño pola ANPA. No photocall fixemos unhas fotos moi divertidas. Esperamos que vos gusten ;)

17 de dec. de 2024

Linguaxe de programación para o alumnado de 4º

 Hoxe, o alumnado de 4º estivo na biblioteca xogando nos distintos recantos cos diversos xogos sobre linguaxe de programación.

Encantounos!

7 de dec. de 2024

Día da Ciencia co alumnado de 4º

 O pasado luns día 2, celebramos no cole o Día da Ciencia a cargo do alumnado de 4º. Todas as nenas e nenos do cole foron pasando pola biblioteca en quendas para poder desfrutar dos experimentos que se foron amosando.

Os experimentos foron o resumo dun duro traballo de investigación que prepararon nas clases de ciencias xunto co profe Emilio.

Parabéns a todas e todos polo ben que o fixéchedes!

Para visualizar os experimentos, facede click enriba do nome de cada un e poderedes ver o estupendo traballo que realizaron.

2 de dec. de 2024

Día da ciencia

 Hoxe o alumnado de cuarto convertímonos en científicos por un día. Levamos moito tempo investigando e practicando distintos experimentos para poder mostralos aos nosos compañeiros e compañeiras. 

Tiñámos moitos nervios pero todo saiu á perfeccción.





26 de nov. de 2024

Terceira sesión de balonmán para 4°

 O pasado mércores, o alumnado de 4° tivo a súa penúltima sesión da actividade de balonmán enmarcada dentro do programa XOGADE.



QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas