Amosando publicacións coa etiqueta Competencias sociais e cívicas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencias sociais e cívicas. Amosar todas as publicacións

27 de out. de 2023

Ciencias da Natureza con realidade aumentada en 3°

 Nesta ocasión, estivemos investigando sobre os ósos máis importantes do corpo humano. Fixemos unha selección de libros na biblioteca que nos foron de utilidade, tamén consultamos libros que o alumnado trouxo das súas casas e, finalmente, apoiámonos das tabletas para ver o esqueleto en realidade aumentada e localizar o nome dos ósos que tiñamos que buscar.

Estivo moi entretido!








10 de maio de 2021

DIGICRAFT NO TEU COLE. PLACAS MAKEY MAKEY EN 3°

 

Continuamos traballando coas placas makey makey. Nesta ocasión, quitando virus das nosas pantallas de ordenador para que non se infecten... Estivo moi ben!



19 de feb. de 2021

DIGICRAFT NO TEU COLE. COÑECEMOS SCRATCH EN 3°

 Nesta sesión, o alumnado introduciuse nos conceptos básicos da aplicación Scratch, diseñando un persoaxe e creando obstáculos na aplicación para poder xogar posteriormente como se fose un videoxogo.

Estivo moi entretido!


!


8 de feb. de 2021

DIGICRAFT NO TEU COLE. APRENDEMOS A ORGANIZAR A INFORMACIÓN EN 3º

 Mediante un xogo de tarxetas e un xogo dixital, o alumnado aprendeu que a información pode almacenarse de diversas formas nos dispositivos dixitais e que todas son válidas, que non hai unha mellor que outra.



2 de xuño de 2020

Sociais en 3º

Bo día clase! Esta semana dedicarémola a traballar no libro de sociais no tema 5 "Vivimos en comunidade". Nunca antes tivo tanta importancia este título. Despois de case tres meses de estancia na casa creo conveniente dedicar un tempo de reflexión á familia. As páxinas 68 e 69 falan da convivencia en familia. Lede con atención a información desas páxinas ( o cal quere dicir varias veces) e facede os exercicios 1, 2, 3 e 4 escribindo os enunciados con bolígrafo e as respostas a lapis. Despois reflexionade cos exercicios 5, 6 e 7  e mandade fotos das vosas reflexións.
Un saúdo

6 de mar. de 2020

PROXECTO DIGICRAFT NO TEU COLE. BUSCADORES DE INFORMACIÓN

O alumnado aprendeu sobre os buscadores de internet e sobre a tecnoloxía dos robots. A actividade consistiu en buscar información sobre determinados tipos de robot, anotar características e para que serve o tipo de robot que lles tocou e, posteriormente, elaborar con material de refugallo o seu propio robot.
Estivo moi entretida!



18 de feb. de 2020

PROXECTO DIGICRAFT NO TEU COLE. INTELIXENCIA ARTIFICIAL


Esta semana votamos a andar o segundo itinerario do programa que contén o proxecto DigiCraft no teu cole. Esta primeira sesión traballa a intelixencia artificial a través dun xogo de tarxetas que conteñen imaxes que hai que ubicar no planeta correspondente atendendo a unha serie de características.
Gustoulles moito!


9 de feb. de 2020

PROXECTO DIGICRAFT NO TEU COLE. SEGUIMOS CON MERGE CUBE

O proxecto DigiCraft no teu cole consta de dous itinerarios. O primeiro traballa a realidade aumentada e os videoxogos. Esta sesión foi a última deste primeiro itinerario que, en resumo, foi un éxito.
O segundo itinerario, que comezaremos nas vindeiras semanas, traballará a intelixencia artificial e a robótica.






17 de xan. de 2020

PROXECTO DIGICRAFT NO TEU COLE. CONTINUAMOS COS ESPAZOS EN REALIDADE VIRTUAL

Nesta ocasión, cada parella agochou un obxecto no seu espazo virtual e logo de cambiar as tabletas entre eles, o xogo consistiu en atopar os obxectos agochados.





15 de xan. de 2020

PROXECTO DIGICRAFT NO TEU COLE. CREAR UN ESPAZO EN REALIDADE VIRTUAL


Esta sesión estivo dedicada a crear un espazo persoal en realidade virtual empregando a aplicación COSPACES, que inclúe escenarios e diversos obxectos.
O alumnado rexistrouse cunha conta como estudantes e, a partir dese momento, comezaron a crear os seus espazos virtuais...




21 de dec. de 2019

PROXECTO DIGICRAFT NO TEU COLE. PLACAS MAKEY MAKEY

Esta semana, aprendemos a utilizar as PLACAS MAKEY MAKEY. Pintamos un labirinto con lápices 4B, conectamos os cables no sitio correspondente e, a xogar! Tiñamos que indicar a un compañeiro ou compañeira o camiño a seguir para saír do labirinto sen tocar as paredes pintadas de lapis, para que non nos pitara a placa. 
Estivo xenial!










29 de out. de 2019

PROXECTO DIGICRAFT NO TEU COLE. REALIDADE AUMENTADA




Como moitos xa sabedes, o noso cole foi seleccionado para participar no proxecto DigiCraft no teu cole (coa colaboración da fundación Vodafone España, a Consellería de Educación e o AMTEGA), que ten como obxectivo principal traballar a mellora da competencia dixital e a creatividade no alumnado.
Está dirixido ao alumnado de 3º a 6º de primaria e traballaremos durante todo o curso a unha sesión semanal con cada grupo.
Aquí deixamos unhas fotos da primeira actividade (realidade aumentada coa aplicación WAFTY) que lles encantou!







27 de nov. de 2018

3º APRENDE SOBRE EDUCACIÓN VIAL

NO XIMNASIO, ESTIVEMOS FACENDO CIRCUÍTOS LEMBRANDO O QUE SABEMOS SOBRE EDUCACIÓN VIAL. EMPREGAMOS SINAIS DE TRÁFICO VARIADOS E CIRCULAMOS CORRECTAMENTE POLO ESPAZO.



QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas