5 de feb. de 2026
Xuntanza con Afamo en 4º
21 de dec. de 2025
EXPOSICIÓN DOS CANCIÑOS
O alumnado de 6º de infantil investigou este trimestre sobre a súa mascota, "Os canciños". Buscaron información na biblioteca e con todo o recollido e investigado elaborarn un "lapbook" con todo o aprendido.
Unha vez rematado o traballo, compartiron a información cos compañeiros e compañeiras de 1ºP e 4ºP.
29 de maio de 2025
Charla de corresponsabilidade no fogar para 4º de primaria
Hoxe, tivemos unha charla no cole sobre corresponsabilidade no fogar. As tarefas podemos facelas todos e todas. Participamos nun taller no que cosemos, cambiamos o cueiro a un bebé, colgamos e dobramos roupa, fixemos bricolaxe, barremos e recollemos o lixo...
18 de mar. de 2025
Ciencias sociais en 4º con scratch
Hoxe, o alumnado de 4º estivo repasando as comunidades autónomas de España. O fixeron dun xeito moi divertido e ameno, usando as placas Makey Makey e programando con Scratch.
7 de dec. de 2024
Día da Ciencia co alumnado de 4º
O pasado luns día 2, celebramos no cole o Día da Ciencia a cargo do alumnado de 4º. Todas as nenas e nenos do cole foron pasando pola biblioteca en quendas para poder desfrutar dos experimentos que se foron amosando.
Os experimentos foron o resumo dun duro traballo de investigación que prepararon nas clases de ciencias xunto co profe Emilio.
Parabéns a todas e todos polo ben que o fixéchedes!
Para visualizar os experimentos, facede click enriba do nome de cada un e poderedes ver o estupendo traballo que realizaron.
13 de out. de 2024
Na aula de 4º desfrutamos dos recantos da biblio
Comezamos o curso repasando as normas de uso e comportamento na biblioteca e tamén descubrindo novos recantos e actividades que podemos facer nela.
Nesta ocasión, aprendemos a programar os Zowi, a dirixir as Sphero Mini, así como desfrutamos doutros recantos como o Lego e o xogo dos vasos.
26 de nov. de 2023
Ciencias cos ratos robot en 3°
Canto sabemos sobre o noso corpo! Fixemos un xogo de preguntas por equipos nos que tiñamos que responder programando o robot ás preguntas e cuestións que nos plantexaban. Por cada resposta correcta déronnos un PACOPUNTO! Quedamos moi igualados todos os equipos!
1 de feb. de 2023
DÍA DA PAZ
Polo Día da Paz, recibimos a visita da Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo, que teñen como principal obxetivo axudar aos máis vulnerables, a través de colectivos sociais, ONGs, etc.
Visitáronnos dúas voluntarias da asociación e explicaron ao alumnado cal é a súa función e como podemos axudar.
Para a ocasión organizouse unha campaña de recollida de alimentos na que participou toda a comunidade educativa.
Grazas a todas as familias pola vosa colaboración e implicación!!!
4 de out. de 2022
Os nenos e nenas de 4º de primaria preséntanse
15 de xuño de 2022
4º visita ó clube de remo de Tirán
Hoxe, o alumnado de 4º de primaria visitou o clube de remo de Tirán. Alí faláronlle da historia do remo, ensináronlle as instalacións, fixeron ergómetro e saíron ao mar no batel de iniciación e tamén nun batel de competición.
Aprenderon moito e pasáronno xenial.
Grazas ao clube de remo pola súa invitación. Quedamos encantados!
14 de xuño de 2022
3° visita monumentos de Moaña
O alumnado de 3º de primaria visitou esta semana os monumentos de Moaña, dentro do programa promovido polo concello “Aprende Moaña”, xunto co gran artista Lito Portela, que lles ensinou un montón de cousas, como materiais, texturas, partes da escultura…
Visitamos a mariscadora, escultura que está dentro do concello, o emigrante, a escultura a Dani Rivas, a porta do Rosal, o rosal, o avión de papel, as esculturas de animáis, a cachachó, animáis abandonados, a escultura en homenaxe aos represaliados, a feita en homenaxe aos mariñeiros e emigrantes, o fisgón e o choco.
5 de maio de 2022
Linguaxe de programación en 3° e 4° cos robots
Hoxe, tanto o alumnado de 3º como de 4º, estivemos traballando cos robots rato e cos escornabots nunhas plantillas nas que poñiamos un obxecto para lograr chegar a él e varios obstáculos no camiño. O movemento tiñamos que programalo colocando tarxetas de movemento no chan ou escribindo ditos movementos nun folio.
Estivo moi divertido!
28 de abr. de 2022
Xogos de mesa na aula de 4º
O alumnado de 4º estivo xogando na biblioteca con distintos xogos de mesa que adquirimos. A maioría deles están relacionados coa temática da robótica e da linguaxe de programación, e outros están relacionados coa atención, a colaboración, o respecto...
Un éxito!
31 de mar. de 2022
Aprendemos conceptos básicos de programación en 3º
A nosa biblioteca acaba de adquirir, para o seu recuncho maker, uns cantos xogos de mesa e xogos interactivos relacionados coa linguaxe básica de programación e a codificación.
Hoxe estivemos aprendendo con eles e.... encantáronnos!
17 de mar. de 2022
DigiCraft no teu cole. Draw your game en 3º de primaria
Fixemos videoxogos de plataforma en papel e logo xogamos proxectándoos na tablet coa aplicación Draw Your Game.
Utilizamos a cor negra para facer as liñas do chan e paredes, a cor azul para os obxectos que nos dan puntos cando os lanzamos a un abismo, a cor vermella para debuxar os enemigos e obxectos peligrosos e a cor verde para facer os trampolíns.
Gustounos moito!
17 de feb. de 2022
Mes do amor na aula de 3º
Os nenos e nenas de 3º festexamos febreiro, o mes do amor, con estas fermosas palabras gravadas coa aplicación ChatterPix.
14 de feb. de 2022
DigiCraft no teu cole. Merge Cube en 4º de primaria
Entramos nun espazo virtual e axudamos aos protagonistas a resolver un misterio e atopar un tesouro.
10 de feb. de 2022
Traballamos matemáticas cos Escornabots en 3°
Que ben que o pasamos xogando cos escornabots, no que plantexamos distintas operacións matemáticas!
28 de xan. de 2022
DIGICRAFT NO TEU COLE. APRENDEMOS SOBRE INTELIXENCIA ARTIFICIAL COA APLICACIÓN WHITEBOARD EN 3° E 4º
Intentamos entender o xeito no que as máquinas interpretan a información que os humanos lles proporcionamos e como procesan esa información. Pasámolo moi ben!
QUERES FACER UN COMENTARIO?
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.









