1 de feb. de 2025
A cidade dos robots
17 de dec. de 2024
Linguaxe de programación para o alumnado de 4º
Hoxe, o alumnado de 4º estivo na biblioteca xogando nos distintos recantos cos diversos xogos sobre linguaxe de programación.
Encantounos!
7 de dec. de 2024
Día da Ciencia co alumnado de 4º
O pasado luns día 2, celebramos no cole o Día da Ciencia a cargo do alumnado de 4º. Todas as nenas e nenos do cole foron pasando pola biblioteca en quendas para poder desfrutar dos experimentos que se foron amosando.
Os experimentos foron o resumo dun duro traballo de investigación que prepararon nas clases de ciencias xunto co profe Emilio.
Parabéns a todas e todos polo ben que o fixéchedes!
Para visualizar os experimentos, facede click enriba do nome de cada un e poderedes ver o estupendo traballo que realizaron.
6 de maio de 2024
Recantos maker na biblio para 4°
Hoxe gozamos dos recantos da biblio. Xogamos coa Osmo Pizza e co Concept. Tamén traballamos a linguaxe de programación e o pensamento computacional co Turttles, coas Osmo Coding e cos ratos robot.
18 de abr. de 2024
4º mide lonxitudes no patio
10 de maio de 2023
Circuitos eléctricos con fío condutor en 3º de primaria
Nas últimas sesións Tic, os nenos e nenas de 3º estivemos cosendo nun retal un led ao redor do cal debuxamos o personaxe do noso libro favorito, o cal se iluminaba cando pechabamos o circuito cunha batería.
Resultou moi entretido e aprendemos moito sobre costura!
Mirade que cousas fermosas saíron...
28 de mar. de 2023
Traballamos ciencias cos ratos robot e os Escornabots en 3°
Que divertido aprender sobre os animais invertebrados xogando cos ratos robot e os Escornabots.
Fixemos unhas rimas na clase sobre cada animal, e logo, no xogo, un lía a rima e os demáis tiñan que levar o robot ata o animal que correspondía.
Pasámolo xenial!
22 de out. de 2022
Deseño gráfico en 3º
Os nenos e nenas de 3° elaboraron o texto que posteriormente imprimimos nunha figura recortable con forma de cabaza e que levou todo o alumnado do cole a casa. Fixéronno coa aplicación Strip Design e daban as instrucións sobre a elaboración de cabazas para este Samaín.
Parabéns polo bo traballo que fixéchedes!
5 de maio de 2022
Linguaxe de programación en 3° e 4° cos robots
Hoxe, tanto o alumnado de 3º como de 4º, estivemos traballando cos robots rato e cos escornabots nunhas plantillas nas que poñiamos un obxecto para lograr chegar a él e varios obstáculos no camiño. O movemento tiñamos que programalo colocando tarxetas de movemento no chan ou escribindo ditos movementos nun folio.
Estivo moi divertido!
31 de mar. de 2022
Aprendemos conceptos básicos de programación en 3º
A nosa biblioteca acaba de adquirir, para o seu recuncho maker, uns cantos xogos de mesa e xogos interactivos relacionados coa linguaxe básica de programación e a codificación.
Hoxe estivemos aprendendo con eles e.... encantáronnos!
10 de feb. de 2022
Traballamos matemáticas cos Escornabots en 3°
Que ben que o pasamos xogando cos escornabots, no que plantexamos distintas operacións matemáticas!
29 de nov. de 2021
DÍA DA CIENCIA NA AULA DE 4º
Os nenos e nenas de 4º convertéronse o pasado venres en científicos para amosarnos os seus experimentos e conmemorar así o día da Ciencia, dedicado este ano a Jimena Fernández de la Vega. Tamén estudaron sobre Elena García Armada.
Aquí deixamos unha proba do ben que o fixeron. Desde o cole queremos darvos os parabéns polo bo traballo que fixéchedes todos e todas e tamén agradecemos ás familias a súa colaboración neste traballo.
PRESENTACIÓN.
29 de out. de 2021
DIGICRAFT NO TEU COLE. TRABALLAMOS A LINGUAXE DE PROGRAMACIÓN CON ZOWI
Na aula de 3º estivemos aprendendo a programar con Zowi. Gustounos un montón!
19 de maio de 2021
DIGICRAFT NO TEU COLE. CONSTRUÍMOS UN ROBOT E PROGRAMAMOS OS SEUS MOVEMENTOS NA AULA DE 3º
Nesta sesión, contruímos un robot con material de refugallo e programamos os seus movementos polo taboleiro de xogo, evitando levalo aos obstáculos e intentando chegar á meta seguindo as instrucións que nós mesmos escribimos no papel cun código de frechas.
Estivo moi entretido.
17 de dec. de 2020
ESCORNABOT PARA TRABALLAR MATEMÁTICAS EN 3º
Que divertido que foi traballar a competencia matemática usando o escornabot. Pasámolo moi ben!
26 de nov. de 2020
Experimentos día da ciencia en galego
Aquí podemos ver o resto dos experimentos.
MAR E LEIRE
"Chuvia de cores"
Experimentos día da ciencia en galego
Aquí podedes ver o ben que fixeron e explicaron os experimentos os nenos e nenas. Parabéns!
YOEL E ANDRÉ COMESAÑA
"Tornado nunha botella"
5 de xuño de 2020
Matemáticas en 3º
Matemáticas en 4º
Intentad dibujarlos en vuestra libreta copiando y memorizando sus elementos.
Elementos de una pirámide
Ahora os propongo que los intenteis hacer con palillos y plastilina.
QUERES FACER UN COMENTARIO?
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.