Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2009-2010. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2009-2010. Amosar todas as publicacións

18 de dec. de 2019

Contacontos "Rosa Caramelo" en 3º


Na clase de 3º estamos aprendendo a ter en conta aos demais non só o 25 de novembro e do que se recorda: non á violencia machista.
Preparamos un conto titulado "Rosa Caramelo" co contacontos kamishibai de orixe xaponés. Contámolo ás clases de 6º de Infantil, 1º e 2º.
Dá igual como sexas, todos te deberían querer igual.
Se todas e todos foramos iguais sería aburrido. 
Vivamos coa diferencia.




28 de maio de 2011

Algunhas fotos do viaxe a Taragoña

Que ben o pasamos en Taragoña! Estas son algunhas das fotos de ese día. Na clase de cuarto estamos facendo en banda deseñada a historía do día:

28 de xuño de 2010

A cebra Camila

Este é o vídeo que fixeron os de 3º de Primaria

Así somos nós os de 3º

9 de xuño de 2010

O soldadiño de chumbo

O texto é de Noa, e as ilustracións de Daniel

31 de maio de 2010

Facendo amigos

O venres pasado fomos a Taragoña. Pasamos o día cos nenos e nenas do Colexio Brea Segade. Visitamos o cole, fomos andando a Rianxo todos xuntos, xogamos, cantamos,...







FIXÉMONOS AMIGOS!

21 de maio de 2010

Aprendendo mecanografía

Xa é hora de que aprendamos a usar ben o teclado

Aqui vos queda o enlace a un curso de mecanografía moi bo :

http://www.artypist.com/


Este enlace queda fixo no menú lateral do blog, onde dí aprende, para que poidades practicar.

12 de maio de 2010

Debuxos


Así viron os xogos de onte cos nenos e nenas de Taragoña, Noa, André e Rodrigo.
Pasáronno moi ben.








Recibimos visita


Onte foi un día moi especial. Viñeron os nenos e nenas do cole de Brea Segade en Taragoña (Rianxo). Viñeron pola maña, e marcharon as catro da tarde. Primeiro visitaron Moaña, e logo subiron ao noso cole. Nos presentamos, e logo ensinamoslle o cole: a biblioteca, a aula Tic, o ximnasio,..logo os nenos e nenas dos dous coles comemos xuntos, nas aulas de 1º, 2º, 3º e 4º. Os de terceiro comemos en dúas aulas, mezclados, porque eramos moitos.
Logo regalamoslle unhas camisetas e despois fomos ao patio e tivemos xogos: carreiras de sacos, xogos de auga, coas mazás, cos carozos,coas pernas atadas..foi moi divertido,

Un pouco antes das catro marcharon, e nós ordenamos as clases. O dia 28 iremos nós alá. Temos moitas gañas de ir!!

As profes están preparando un vídeo coas fotos. Mentras queda aquí unha moi chula de Candela de 3ºcon unha nena de Taragoña.Xuntas quedaron campionas da carreire de ovos con culler.
P.D.:
As profes dixeronnos que nos portaramos moi ben.

11 de maio de 2010

Mais Novoneyra

E aquí quedanos outra do Seminario Galán


Uxio Novoneyra

Aquí temos un libro interactivo sobre Uxio Novoneyra feito no CEIP Conde de Fenosa, do Barco de Valdeorras, que vos vai ensinar cousas do poeta :


7 de maio de 2010

Visitamos a San Martiño





O pasado mércores subimos todos os nenos e nenas de 3º e 4º ata a iglesia de San Martiño, que é o patrono de Moaña.
Alí vimos como era, que tiña nas súa fachada, buscamos o reloxo de sol, e aprendemos o que é un tímpano, un arco de medio punto, ...
Logo miramos a rectoral, que está restaurada.
Despois merendamos e xogamos, e logo baixamos ata o cole.
Tivemos que ir por moitos camiños, e cruzar dúas carreteras, pero fixémolo moi ben.

29 de abr. de 2010

Educación vial

Pronto empezaremos a aprender cousas de educación vial. Para que vaiades "entrando" no tema, aqui temos dous xogos. A ver cal vos gusta mais:
Xogo de Educación Vial da Dirección Xeral de Tráfico. Clica na imaxe:



Xogo de Educa peques. Entra na páxina:

23 de abr. de 2010

O noso libro favorito


Hoxe todos os nenos de Quintela trouxemos a escola o noso libro favorito.
Cada un de nós presentoulle aos demais o libro, por que nos gusta e quen nolo regalou.
Os nosos gustos son moi variados: Libros de comic e pop ups (libros con efectos), de misterio, de acción, de animais,..

Mulleres e ciencia

Hoxe recibimos carta de PacoQueridos nenos e nenas :Gustame moito a exposición de mulleres científicas que temos no cole.Pero teño curiosidade por saber unha cousa:
Para terceiro:

Que inventou Margaret Knigth?

Para cuarto:

Que inventou Josephine Cochran?
Cando o saibades, podedes facerme un cartel deses bonitos que sabedes facer vós ?.É que quero presumir diante dos meus amigos do ben que traballades e investigades!!!Este curso estamos traballando moito.Por iso teño gardado un agasallo para toooooooodos vós.Espero que vos guste!!!
Entrade na páxina de recursos para investigar:

14 de abr. de 2010

Conto do golfiño

Había unha vez un golfiño moi pequeno que vivía no Océano Atlántico.De súpeto, dun barco que pescaba atún caeu un mariñeiro chamado Xoan.Un tiburón acercouse con intención de atacalo.Entón, o golfiño espantou ao tiburón para salvalo.Ao final Xoan e o golfiño fixéronse moi amigos.E colorín colorado, este conto está rematado.

Conto colectivo de 3º








Ilustracións de Daniel, Liset, Candela e André.

13 de abr. de 2010

A primavera chegou a terceiro

Como estamos na primavera, hoxe dedicámoslle un pouco de tempo a facer flores para repartir pola clase e polos corredores do cole.




Somos unhas máquinas de facer flores.

9 de abr. de 2010

Contos de primavera III


Érase a señora primavera, que sempre estaba cuberta de flores.
De súpeto, apareceu un bruxo cunha poción máxica e embruxouna.
Entón quedou cuberta de neve.
-Ha, ha, ha, agora sempre será inverno! –dixo o bruxo.
E sempre foi inverno.


Conto escrito por Noa de terceiro

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas