Amosando publicacións coa etiqueta Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. Amosar todas as publicacións

12 de abr. de 2024

Ciencias da natureza en 3°

 Que emocionadas e emocionados estamos en 3° con todo o material que temos sobre os minerais. É un tema que nos gusta moito e sobre o que temos moita curiosidade. Montamos unha exposición na aula cos minerais que temos no cole e cos que imos traendo da casa. Tamén trouxemos os libros que temos na biblio para poder ir curioseando neles e aprender máis. 

Estamos recollendo moita da información nun lapbook. Que fermoso nos está a quedar!





9 de abr. de 2024

Ciencias da natureza en 4°

 Como nos gustou ver e descubrir o noso corpo coa camiseta que lle vestimos ao esqueleto e a aplicación Magic T-Shirt. Tamén usamos os Merge Cube que nos deron unha morea de información sobre os órganos.


20 de feb. de 2024

Ciencias da natureza na aula de 3º

 Xa rematamos o tema das plantas na clase de 3º! Moito traballamos e moito aprendemos sobre o mundo das plantas.

Plantamos fabas metidas en algodón, rexistramos como medraban cada día, pasámolas a macetas cando xa tiñan o talo e as follas fóra do algodon, recorremos o patio buscando distintos tipos de follas e estudamos o talo da planta da que procedían...

Traballamos por estacións esta temática e ata fixemos un kahoot para saber canto aprenderamos!

30 de xan. de 2024

Ciencias da natureza e pensamento computacional en 3° de primaria

 Na aula de 3º estamos a traballar e a aprender moito sobre as plantas. Entre as moitas tarefas que fixemos, destacamos un traballo por estacións no que, en grupos foron pasando por distintas mesas con distinto material no que traballar (crebacabezas, formar palabras relacionadas coas plantas, escribir as partes das plantas, unir debuxos cos nomes correspondentes).

Tamén aproveitamos para traballar coas tablets o programa Scratch Junior, que nos permite desenvolver o pensamento computacional e a linguaxe de programación.

Que ben que  o pasamos!



26 de nov. de 2023

Ciencias cos ratos robot en 3°

 Canto sabemos sobre o noso corpo! Fixemos un xogo de preguntas por equipos nos que tiñamos que responder programando o robot ás preguntas e cuestións que nos plantexaban. Por cada resposta correcta déronnos un PACOPUNTO! Quedamos moi igualados todos os equipos!

9 de nov. de 2023

Aprendemos sobre o manexo dos ordenadores en 3°

 Na aula de 3° estivemos traballando conceptos básicos sobre o funcionamento do ordenador como o botón de acendido, a conexión USB para o rato, o aceso a aplicacións básicas, o peche de lapelas, o apagado dos equipos…

Aproveitamos para practicar ciencias a través dun xogo creado coa aplicación Kahoot. 

Gustoulles moito!



28 de out. de 2023

Investigamos sobre as froitas típicas do outono na aula de 4°

Na aula de 4º estamos a traballar sobre a froita que se consume no outono. Buscamos información sobre esas froitas típicas en distintas páxinas de internet, e agora, estamos a preparar un Libre Office Impress nos ordenadores con esa información. 

Vainos quedar moi chulo!




27 de out. de 2023

Ciencias da Natureza con realidade aumentada en 3°

 Nesta ocasión, estivemos investigando sobre os ósos máis importantes do corpo humano. Fixemos unha selección de libros na biblioteca que nos foron de utilidade, tamén consultamos libros que o alumnado trouxo das súas casas e, finalmente, apoiámonos das tabletas para ver o esqueleto en realidade aumentada e localizar o nome dos ósos que tiñamos que buscar.

Estivo moi entretido!








11 de out. de 2023

Traballo de ciencias naturais en formato cómic na aula de 3°

 Non ten desprecio o fermoso traballo que fixeron co traballo de ciencias naturais en formato cómic nas libretas os nenos e nenas de 3º...





9 de out. de 2023

Ciencias naturais en formato cómic na aula de 3°

 As nenas e nenos de 3° traballaron as funcións vitais do noso corpo (neste caso a nutrición) coa aplicación Strip Design nos Ipad. Crearon viñetas que posteriormente pegarán nas súas libretas. Quedáronlles moi fermosas!


2 de out. de 2023

Traballamos ciencias da natureza cos Merge Cube en 4°

 Na aula estamos a traballar sobre o noso corpo. Fixemos uso dos Merge Cube, coa aplicación Mr. Body, para profundizar sobre o aprendido dun xeito moi atractivo e lúdico. Gustounos moito!






9 de xuño de 2020

Ciencias da natureza en 4º

Bos días! Hoxe traballaremos coa luz. Despois das explicacións copiade o esquema na vosa libreta e vos animo a facer o experimento da balea. Tamén podedes facer un listado de materiais opacos, translúcidos e transparestes. Un saúdo

2 de xuño de 2020

Ciencias da natureza en 4º

Bos días,hoxe traballaremos sobre o tema da enerxía. 
Despois de ver os vídeos, lede as páx.104 e 105 do libro de Ciencias da natureza. 
Podedes facer un esquema, un debuxo ou unha explicación do que entendíchedes para enviar ao correo. 
Extensión máxima 1 páxina

28 de abr. de 2020

Proposta de investigación en 3º

Bos días clase! Este martes toca aprender a investigar e propoño adiantarnos ao curso que vén. Sabedes que en 4º no mes de novembro celebramos o Día da Ciencia convertídonos en aprendices de científicas e científicos. Preparamos por grupos un experimento que nos guste e presentámolo ao resto do cole despois de moito ensaialo e aprendelo.
Como temos que pasar tanto tempo na casa pensei en pedirvos que miredes  experimentos variados adaptados á vosa idade, que vos gusten e elixades algúns tendo en conta que sexan fáciles de realizar, seguros e rápidos de ver o seu efecto.  Eu gardarei as vosas propostas  e falaremos delas  todos xuntos máis adiante. Xa me diredes.
Un saúdo

20 de abr. de 2020

CATARATAS 4º

Este é o traballo dos nenos e nenas de 4º sobre as cataratas do mundo. Parabéns!!




30 de out. de 2019

Experimento do volcán en 3º


A clase de 3º rematou o tema de sociais "O sistema solar" realizando un experimento: a erupción dun volcán. Para conseguilo necesitaron:

  • bicarbonato
  • un vaso
  • cola
  • vinagre
  • colorante vermello
  • plastelina
  • unha táboa  


Explicación do proceso

1º. Pegaron o vaso á táboa.



2º. Puxeron a plastelina arredor do vaso para formar o cono.



3º. Botaron dentro do vaso o vinagre, o colorante e o bicarbonato. Inmediatamente se produciu a erupción volcánica!!!





19 de xuño de 2019

A froita en 4º

Outro ano máis saboreamos as froitas durante dúas semanas. Houbo froitas que gustaron máis e algunhas outras que gustaron menos; así que elaboramos unhas gráficas cos resultados da posta en común.


A froita que máis gustou


Como vedes houbo dúas froitas que gustaron moito.

A froita que menos gustou



5 de abr. de 2019

Os ecosistemas en 4º

Na clase de Naturais estivemos a traballar o tema dos seres vivos e aprendemos un pouco sobre como viven nos distintos lugares do planeta e como se adaptan. Fixemos maquetas de ecosistemas e recollemos información sobre o ecosistema traballado, aprendemos o texto informativo e fixemos unha exposición oral. Organizámonos en grupos de 3, 2 ou 1 persoas.
Espuxemos os seguintes tipos de ecosistemas:

- Bosque caducifolio
- A Antártida
- O fondo do mar
- A ribeira do mar
- A auga salgada
- A selva africana
-A selva seca
- O ecosistema mariño
- O bosque tropical















3 de out. de 2018

24 de abr. de 2018

3º, a froita e a división

Na clase de 3º aproveitamos as dúas semanas da froita para entender a división. Por exemplo, aí van as fotos cos amorodos.





QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas