Bos días clase! Este martes toca aprender a investigar e propoño adiantarnos ao curso que vén. Sabedes que en 4º no mes de novembro celebramos o Día da Ciencia convertídonos en aprendices de científicas e científicos. Preparamos por grupos un experimento que nos guste e presentámolo ao resto do cole despois de moito ensaialo e aprendelo.
Como temos que pasar tanto tempo na casa pensei en pedirvos que miredes experimentos variados adaptados á vosa idade, que vos gusten e elixades algúns tendo en conta que sexan fáciles de realizar, seguros e rápidos de ver o seu efecto. Eu gardarei as vosas propostas e falaremos delas todos xuntos máis adiante. Xa me diredes.
Un saúdo
Un saúdo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios