Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Día da muller traballadora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Día da muller traballadora. Amosar todas as publicacións

8 de mar. de 2023

Día Internacional da Muller. Andrea Pérez Alonso

 

Hoxe, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, visitounos Andrea Pérez Alonso. Andrea é unha xogadora de baloncesto profesional que convina a súa paixón co traballo de mestra de Educación Física e entenadora de categorías inferiores.

Contounos, ao alumnado de 4º e 6º de primaria, o seu día a día e tamén nos dixo que con esforzo e organización todo se pode conseguir.

Grazas Andrea por vir visitarnos!









17 de mar. de 2022

8 de marzo

Co gallo da conmemoración do internacional da muller, as aulas do cole colaboramos na realización dun  mural que visibiliza a achega de múltiples mulleres ao longo  da historia.


Camille Claudel e Ángela Alvariño.



10 de mar. de 2022

"Avoas"

 

 Hoxe, o alumnado de Quintela, achegámonos á sala “Celso Parada” para ver a obra de teatro titulada “Avoas” da compañía de teatro “Run Run” da que forma parte a nosa profe Galicia.

Estas fantásticas avoas invitáronos a participar nas actividades da súa Asociación. 

Con elas desfrutamos moito e coñecimos as grandes historias dalgunhas mulleres bravas.








10 de mar. de 2018

Día da muller

O alumnado de cuarto curso, na materia "Aprender a investigar", fixo unha investigación sobre varias mulleres importantes na nosa historia. Este é o resultado do seu traballo:


26 de mar. de 2017

Visita ao Museo Marco

Este xoves , día 23 de marzo , o alumnado de 2º e 3º de primaria visitamos o Museo Marco en Vigo. Fomos ver unha exposición titulada "Mulleres do silencio" e aprendemos un montón de cousas moi interesentes sobre o mundo da pintura e as obras destas artistas galegas que participaban na exposición. Disfrutamos moito nesta visita!


13 de mar. de 2017

Mulleres do silencio

O pasado venres os nenos e nenas de cuarto e quinto curso visitamos a exposición do nuseo Marco de Vigo "Mulleres do silencio". A exposición amosa as obras de un feixe de artistas galegas. Desfrutamos un montón!

8 de mar. de 2017

Día da muller en cuarto curso

Na clase de cuarto curso levamos un tempo traballando sobre o libro "Mujeres" de Isabel Ruíz Ruíz, editado por Ilustropos.
Seleccionamos as mulleres que nos pareceron mais importantes, e fixemos uns traballos documentais para a asignatura de Aprender a investigar. Quedáronnos tan ben que hoxe, no Día da Muller traballadora, fomos a leerllos aos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro curso.

10 de mar. de 2016

Para as mamás de 4º curso

En cuarto curso os nenos e nenas dedicáronlle o día da muller traballadora as súas mamás:


9 de mar. de 2016

Día da muller traballadora

Noelia Pérez. distinguida como a mellor técnica de taekwondo de España 2015, estivo na nosa escola falándonos do seu traballo.
  Moito alumnado xa a coñecía persolmente por impartir esta especialidade deportiva como extraescolar, pero foron moitas as curiosidades e informacións que nos transmitiu sobre o seu curioso traballo.
Cando rematou a súa intervención fixo unha pequena exhibición dun pumse e houbo unha interminable rolda de preguntas. 

6 de mar. de 2014

Actividades para o Día da Muller Traballadora

O 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da muller traballadora. Aquí temos unhas actividades para facer.

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas