O alumnado de 4º, a través desta historia, quere desexarvos unhas felices festas.
20 de dec. de 2024
BO NADAL DESDE A AULA DE 4º
7 de dec. de 2024
Día da Ciencia co alumnado de 4º
O pasado luns día 2, celebramos no cole o Día da Ciencia a cargo do alumnado de 4º. Todas as nenas e nenos do cole foron pasando pola biblioteca en quendas para poder desfrutar dos experimentos que se foron amosando.
Os experimentos foron o resumo dun duro traballo de investigación que prepararon nas clases de ciencias xunto co profe Emilio.
Parabéns a todas e todos polo ben que o fixéchedes!
Para visualizar os experimentos, facede click enriba do nome de cada un e poderedes ver o estupendo traballo que realizaron.
6 de maio de 2024
Recantos maker na biblio para 4°
Hoxe gozamos dos recantos da biblio. Xogamos coa Osmo Pizza e co Concept. Tamén traballamos a linguaxe de programación e o pensamento computacional co Turttles, coas Osmo Coding e cos ratos robot.
12 de abr. de 2024
Ciencias da natureza en 3°
Que emocionadas e emocionados estamos en 3° con todo o material que temos sobre os minerais. É un tema que nos gusta moito e sobre o que temos moita curiosidade. Montamos unha exposición na aula cos minerais que temos no cole e cos que imos traendo da casa. Tamén trouxemos os libros que temos na biblio para poder ir curioseando neles e aprender máis.
Estamos recollendo moita da información nun lapbook. Que fermoso nos está a quedar!
24 de feb. de 2024
En 4° coñecemos e aprendemos a técnica audiovisual croma
Gravamos unha serie de videos coa temática da visita ao concello que fixeron dentro do programa “Aprende Moaña” e coa técnica do croma, van editar esos videos cambiando o fondo verde por outro que elaboren.
Xa veredes o resultado!
24 de set. de 2023
A aula de 3° crea un cómic para o día do Samaín
Os nenos e nenas de 3° elaboraron as instrucións sobre cómo hai que traer a cabaza para o día do Samaín coa aplicación Strip Design nos Ipad. Engadiron a imaxe, adornaron e crearon os textos. Quedoulles moi fermosa! Verédelo cando se impriman para levalas ás casas.
24 de mar. de 2023
4º grava os seus podcast en Radio Quintela
Na clase de 4º estamos a gravar o noso programa de radio dedicado aos poemas neste mes de marzo.
En breves escoitaredes os primeiros podcast.
23 de dec. de 2022
Panxoliña para os Reis Magos de 3° e 4°
Que contentos quedaron os Reis Magos na súa visita ao cole. Os nenos e nenas cantaron e bailaron unhas fermosas panxoliñas e eles, déronlles uns caramelos e tamén uns agasallos.
22 de dec. de 2022
Postais de Nadal de 3º e 4º
Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria deséxanvos unhas felices festas con estas tarxetas elaboradas coa aplicación Paint.
16 de nov. de 2022
A nosa opinión sobre o conto de Crictor...
Os nenos e nenas de 3º gravaron a súa opinións sobre o conto de Crictor na aplicación Imovie, sobre o soporte feito por eles, un fermoso debuxo.
Fermoso traballo!
15 de nov. de 2022
En 4º creamos o noso cómic coa aplicación Strip Design
28 de abr. de 2022
Xogos de mesa na aula de 4º
O alumnado de 4º estivo xogando na biblioteca con distintos xogos de mesa que adquirimos. A maioría deles están relacionados coa temática da robótica e da linguaxe de programación, e outros están relacionados coa atención, a colaboración, o respecto...
Un éxito!
31 de mar. de 2022
Aprendemos conceptos básicos de programación en 3º
A nosa biblioteca acaba de adquirir, para o seu recuncho maker, uns cantos xogos de mesa e xogos interactivos relacionados coa linguaxe básica de programación e a codificación.
Hoxe estivemos aprendendo con eles e.... encantáronnos!
17 de mar. de 2022
O entroido tradicional en Galicia.
Os nenos e as nenas de 4º de Primaria investigaron e prepararon uns programas de radio en formato podcast sobre o entroido tradicional de Galicia.
16 de mar. de 2022
Karla conta
Desta vez foi o turno de Karla que nos deleitou cunha fermosa:
Galego porque nacín na terra dos mil segredos
Galego porque vivín entre o mar eo ceo aberto.
Porque respirei prados e ventos
porque bebín mar e choiva
porque aprendín contos de meigas
traballei pra o meu sostento
Galego de corazón
de sane de sentimento
galego por donde vou
levo a terriña nos meus beizos.
10 de mar. de 2022
Aixa conta
3 de mar. de 2022
Ela e Aitana contan
Febreiro é o mes do amor, tamén o mes do amor á lingua, por eso os nenos e as nenas de cuarto de primaria prepararon unhas poesías e contos para coidar e agarimar aos compañeiros.
O venres foi o turno de Ela e Aitana.
13 de xan. de 2022
DIGICRAFT NO TEU COLE. MERGE CUBE PARA APRENDER SOBRE O CORPO HUMANO EN 3º
Nesta ocasión, usamos os Merge Cube para traballar sobre o corpo humano. Pasámolo moi ben facendo preguntas entre nós e buscando as respostas na aplicación.
20 de dec. de 2021
FELICITACIÓN DE NADAL
QUERES FACER UN COMENTARIO?
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.