Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2013- 2014 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2013- 2014 b>. Amosar todas as publicacións
19 de maio de 2014
O cullarapo Croque
13 de maio de 2014
Coñecemos os nosos ríos
O venres pasado toda a clase de 3º, acompañados polo director e mais por Paco (biologo de ADEGA), que era quen viña explicarnos como podemos coñecer a calidade da auga dos nosos ríos e se o seu contorno está nunhas condicións óptimas, achegámonos ó río de Rialdarca para levar a bo fín as nosas indagacións....
Unha vez ali,escoitamos atentamente as explicacións que nos deu Paco.
Despois , Paco recolleu mostras no río para que nós poideramos analizalas e estudalas.
E así o fixemos: buscamos, catalogamos e aprendemos a distiguir insectos e outros animais que vivían no río e tamén o valor e significado que tiña que houbera un ou outro tipo de animal.
Foi un gran día , entretido e divertido...Incluso tivemos tempo para merendar á beira do río.Para repetir.
Labels:
Curso 2013- 2014,
Proxecto: Ríos,
Saídas da escola
O libro preferido en terceiro
O alumnado de 3º escollemos como preferido entre os libros que lemos ata agora o titulado : "Escola de piratas" .O seu autor chámase Agustín Fernández Paz e fixo un libro moi divertido no que nos ensina a todos o poder da imaxinación.
Nós quixemos facerlle unha pequena homenaxe construíndo a nosa propia escola e converténdonos en piratas por uns días.
Dende logo foi toda unha experiencia PIRATA...
5 de maio de 2014
O libro favorito de 4º curso
Este curso lemos xa uns cantos libros na hora de ler, pero, de todos, o que máis nos gustou foi un titulado "Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar". O seu escritor é Luis Sepúlveda e conta unha bonita historia sobre o importante que é a amizade para superar todas as dificultades. Tamén fala dos danos que podemos chegar a facerlle á natureza se non temos coidado e do valor que somos capaces de alcanzar nos momentos máis difíciles das nosas vidas.
Recomendámosvos que o leades!
Nós fixemos un mural sobre él.
Recomendámosvos que o leades!
Nós fixemos un mural sobre él.
29 de abr. de 2014
Que sorpresa máis agradable!
Hoxe en 4º tivemos unha agradable sorpresa.
Viñeron os nenos e nenas de 2º contarnos un precioso conto.
Que ben o fixeron e que bonitas ilustracións!
Falan moi ben estes nenos.
Viñeron os nenos e nenas de 2º contarnos un precioso conto.
Que ben o fixeron e que bonitas ilustracións!
Falan moi ben estes nenos.
A 4ºgústanos contar
Hoxe foron os nosos compañeiros Alejandro e Laura os que fixeron de contacontos.
Alejandro contou o conto "Por que o coello se esconde no fondo da madrigueira?".
Laura fixo unha interesante adaptación do conto "A xudía máxica".
Gozaron moito contándolle aos seus compañeiros de ciclo.
Moitas grazas pola vosa escoita!!
Alejandro contou o conto "Por que o coello se esconde no fondo da madrigueira?".
Laura fixo unha interesante adaptación do conto "A xudía máxica".
Gozaron moito contándolle aos seus compañeiros de ciclo.
Moitas grazas pola vosa escoita!!
28 de abr. de 2014
Conta que che conta na hora de ler
Hoxe as nosas compañeiras Nerea e Xoana foron visitar aos nenos e nenas de 2º
Estiveron contándolles uns contos.
Nerea contou o conto de "Caillou e a chuvia".
Xoana contou o conto de "Caracol e Formiga". Gozaron moito e os nenos/as de 2º portáronse moi ben!
Felicidades!!


24 de abr. de 2014
Hugo e a lenda de Hércules
Mañá imos facer unha excursión á cidade da Coruña.
Hugo preparou a lenda de Hércules e contoullela aos compañeiros de 4º, 5º e 6º curso. E fíxoo moi ben. Gustounos moito a maneira de contalo e as vistosas ilustracións da lenda que nos mostrou. Parabéns Hugo!
Hugo preparou a lenda de Hércules e contoullela aos compañeiros de 4º, 5º e 6º curso. E fíxoo moi ben. Gustounos moito a maneira de contalo e as vistosas ilustracións da lenda que nos mostrou. Parabéns Hugo!
27 de mar. de 2014
Mes da poesía
Tamén na clase de terceiro quixemos celebrar o mes da poesía. Por iso recitamos este fermoso poema de
Antonio García Teijeiro:
Antonio García Teijeiro:
17 de mar. de 2014
Adiós ríos, adiós fontes clase de cuarto
Na clase de música tamén queremos celebrar o mes da poesía. Por iso, os nenos e nenas de 4º crearon un acompañamento por grupos para esta fermosa e coñecida poesía de Rosalía de Castro
15 de mar. de 2014
Visitamos o súper
O luns pasado recibimos na biblioteca do cole unha charla sobre a alimentación. Foi unha actividade proposta por un supermercado, que incluía ademais unha visita ao mesmo, onde aprendemos moitas cousas. Ao rematar, agasalláronnos cunha merenda de froitas.
Participamos os nenos e nenas de 4º e 5º curso. Gustounos moito:
Participamos os nenos e nenas de 4º e 5º curso. Gustounos moito:
Labels:
Aliméntate ben,
Curso 2013- 2014,
Saídas da escola
6 de mar. de 2014
Actividades para o Día da Muller Traballadora
O 8 de Marzo celébrase o Día Internacional da muller traballadora. Aquí temos unhas actividades para facer.
28 de feb. de 2014
3º e 4º presentan a súa murga
Os nenos e nenas de 3º e 4º presentan unha regueifa sobre o entroido.
A continuación podedes escoitala.
26 de feb. de 2014
Programa a seguir o día do Entroido
Os nenos e nenas de terceiro curso fixeron o cartel coa programación que imos seguir o venres 28 de febreiro, na celebración do Entroido. Aquí o tedes:
12 de feb. de 2014
Arte coa Monna Lisa
Un grupo de alumnos e alumnas da escola de Artes Visuales de Canterbury-Inglaterra (parecido ao bacharelato artístico de aquí) fixeron a Monna Lisa con tiza, plástico, follas, terra,..Mirade que bonito!!!
Labels:
Curso 2013- 2014,
Proxecto: mira mira
Mira, mira a pintura,...e mide
Queres saber canto miden algúns
dos cadros máis famosos?
· “As
meninas”, de Diego Velázquez, mide 276 de alto por 318 cm de ancho .
· “A Gioconda”, de Leonardo da Vinci, mide 77 cm de alto por 53 cm de ancho
· “A
persistencia da memoria”, tamén coñecido como “ Os reloxos brandos”, de Salvador
Dalí ,mide 119,5 de alto por 90 cm de ancho.
· “Enrique
VIII”, de Hans Holbein o Mozo, mide 28 cm de alto por 20 cm de ancho
· “A
habitación", de Van Gogh, mide 74 cm de alto por 56,5 cm de ancho
· “Varios
círculos”, de Kandinsky, mide 127 cm de alto por 200 cm de ancho
· “Guernica”, de Pablo Picasso, mide 3,50 cm de alto por 7,80 de ancho
P Que vos parece calcular as medidas dos cadros nas vosas aulas?
Será interesante ver canto ocupa cada un!
4 de feb. de 2014
3º e 4º recitan pola Paz
Con motivo da celebración do Día da Paz, o alumnado do 2º ciclo preparou un par de poemas para recitarse entre eles á primeira hora do día, como saúdo ao chegar o colexio.
Fai os teus cadros

Jackson Pollok era un pintor americano que utilizaba a técnica do dripping. O dripping consiste en deixar chorrear ou gotear a pintura dende un recipiente cun burato no fondo, ou cunha espátula.
Aquí tedes un xogo para facer o voso cadro.
Aquí tedes un xogo para facer o voso cadro.
Basta poñer o dedo enriba da pizarra dixital e desprazalo. Cada vez que pulses irá aparecendo unha cor diferente.
Para practicar a pantalla completa:
Despois practicade nos ordenadores, poñendo o cursor enriba.
21 de xan. de 2014
As mandalas da paz
Nas clases imos facer mandalas, que son representacións simbólicas utilizadas en Oriente. Pasarémolo moi ben combinando as cores e coloreando!.
Se queredes máis mandalas para imprimir e colorear aquí. ´
Aquí tedes un pouco máis fáciles, para os máis pequenos do cole.
Gozade agora co vídeo:
Se queredes máis mandalas para imprimir e colorear aquí. ´
Aquí tedes un pouco máis fáciles, para os máis pequenos do cole.
Gozade agora co vídeo:
Labels:
Celebracións: Día da Paz,
Curso 2013- 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
QUERES FACER UN COMENTARIO?
Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas

