Amosando publicacións coa etiqueta 4º de Primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4º de Primaria. Amosar todas as publicacións

1 de xuño de 2026

As froitas de temporada

Paco, este curso, mandounos investigar sobre as froitas de temporada e fixemos un dicionario de froitas. Resultou un traballo moi interesante

 

13 de abr. de 2026

Proxecto: Coas mans na terra en 4º

Seguimos traballando en 4º sobre o proxecto da biblio. Este curso o tema que nos escolleu Paco foi "As froitas de temporada". Estamos aprendendo moito!

9 de feb. de 2026

20 de xan. de 2026

Fraccións con fichas de parchís

Na clase de 4º estamos traballando coas fraccións e utilizamos fichas de parchís para calcular a fracción dunha cantidade. 
Así resúltanos máis fácil e divertido.

 

21 de nov. de 2025

Sementando os nosos dereitos

Para festexar o Día Mundial da Infancia, o 20 de novembro, sementamos flores que debemos coidar para que florezan igual que os dereitos dos nenos e nenas de todo o mundo.




 

20 de nov. de 2025

Visita ao porto de Vigo

O luns, os alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria aprenderon moito sobre o fondo da nosa ría no Nautilus e o Hidria Segundo.







Visita ao Concello

O alumnado de 4º de primaria tivo o pracer de recibir unha visita guiada polo concello de Moaña.

Alí aprendemos moitas cousas interesantes sobre o seu funcionamento, puidemos falar coa alcaldesa e simular un pleno entre nós.











9 de out. de 2025

Estacións de aprendizaxe en 4º

 En 4º estivemos gozando este xoves coas estacións de aprendizaxe que vos amosamos nas fotos.






30 de set. de 2025

Saúdo inicial de 4º

 

Bos dias:
Perdón polo retraso en colgar este saúdo.
Xa estamos en cuarto!
Gustarianos que vexades este blog para seguir as nosas aventuras.
Ata a próxima .Volveremos axiña amigos.




31 de mar. de 2025

Venres de estacións

 O venres pasado tivemos estacións de aprendizaxe en 3º e 4º conxuntamente.

Aprendemos a facer sudokus, a xogar ao xadrez, a investigar e a crear contos.









12 de feb. de 2025

Charla de educación sexual en 4°

 Hoxe os nenos e nenas da clase de 4º asistiron a unha charla de sexualidade, que levaba por título "Medramos". O tema central foron os cambios físicos que están a vivir ou que van a vivir nos próximos anos. Pero tamén falamos da importancia do coidado do corpo, do respecto polos propios cambios e os dos nosos compañeiros e compañeiras, do amor, do coidado nos abrazos, do importante que é sentirnos a gusto con nós mesmos e mesmas e coas persoas que nos relacionamos... 





3 de dec. de 2024

Última sesión balomán para 4º

 A semana pasada, o alumnado de 4º finalizou a formación en balonmán que nos impartiu o club de balonmán Cangas dentro do programa Xogade.

Fixeron un pouco de repaso do aprendido e remataron con mini partidos. Pasáronno moi ben.


31 de out. de 2024

Balonmán para 4° dentro do programa XOGADE

 Onte deu comezo a actividade de balonmán impartida por entrenadores do Club Balonmán Cangas. Impartirán esta actividade durante 4 sesións na que traballaremos os conceptos básicos deste deporte.

A primera gustounos moito!






22 de out. de 2024

Chivarse ou contar algo importante

 Hoxe tivemos unha clase especial. Fixemos un xogo de role play na aula para aprender a diferencia entre chivarse ou contar algo importante. 

Aprendemos moitas cousas de xeito divertido e arrancamos o proxecto do cole sobre o teatro.





16 de out. de 2024

É tempo de Samaín

 Olaaa

Comenzamos a época do Samaín en compañía dos nosos afillados e afilladas.

Axudámoslles a facer unha nota-cabaza para levar para casa…

PASÁMOLO MOI BEN!!!



14 de out. de 2024

Padriños e madriñas lectoras

 Bos días:

Hoxe coñecemos ao grupo que apadriñaremos este curso. Son os rapaces e rapazas de sexto de Educación Infantil.

Pasamos un rato moi divertido coñecéndonos e lendo contos na biblio.




13 de out. de 2024

Na aula de 4º desfrutamos dos recantos da biblio

 Comezamos o curso repasando as normas de uso e comportamento na biblioteca e tamén descubrindo novos recantos e actividades que podemos facer nela.

Nesta ocasión, aprendemos a programar os Zowi, a dirixir as Sphero Mini, así como desfrutamos doutros recantos como o Lego e o xogo dos vasos.





 


7 de out. de 2024

Primer día de clase

 Bos días:

O día 11 de setembro comenzamos a nosa andaina por cuarto curso.

Estábamos moi emocionados e ... cando chegamos a clase topámonos cunha compañeira máis. É unha rá a cal bautizamos co nome de Rani, xa que non sabemos se é macho ou femia. É unha moi boa amiga de Paco e ben a axudarnos cos círculos restaurativos. 

Ela trouxonos un conto que lle prestou Paco para ler neste primeiro día.

Benvida Rani!!!







Benvidaaaaa!!!

 Bos días:

Xa estamos aquí un ano máis. 

Este curso preséntase moi emocionante e divertido.

Non perdades nada do que publiquemos...Serán actividades moi interesantes.

Vémonos ;)

Clase de 4º 


QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas