Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2012-2013. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2012-2013. Amosar todas as publicacións

11 de set. de 2013

Reflexións sobre un ciclo

Os nenos e nenas de cuarto curso valoran as cousas do ciclo que rematan:

25 de xuño de 2013

Tocamos a Barcarola

Esta é a canción que practicamos ao longo do último trimestre deste curso. Esperamos que vos guste. Feliz verán a tod@s!

21 de xuño de 2013

4º recolleu datos sobre a chuvia en 2012 e 2013

Desde 3º levamos recollendo os datos sobre os días de chuvia. Comezamos en xaneiro de 2012 e rematamos en xuño de 2013. Fixemos o reconto xeral mes a mes e ao acabar o ano e o curso fixemos 3 gráficos de barras nos nosos cadernos. Agora pasámolos ao blog. 



 Canto choveu!!!



12 de xuño de 2013

4º informa da visita a San Simón

EXCURSIÓN Á ILLA DE SAN SIMÓN




 O xoves, 6 de xuño, todo o colexio de Quintela fomos de visita ao arquipélago de San Simón. Coñecémola como illa pero, en realidade, é un arquipélago porque son dúas illas unidas por unha ponte e dous illotes máis. No peirao de Moaña esperábannos uns piratas e pasamos toda a viaxe en barco cantando cancións con eles. Foi emocionante pasar por debaixo da ponte de Rande.
 Cando chegamos merendamos e xogamos un pouco. Despois, a guía Enma levounos de visita á illa de San Antón pasando pola ponte que a une coa de San Simón. Alí entramos no museo e contounos a historia do arquipélago: a batalla de Rande, o lazareto, o orfanato, o cárcere... Logo visitamos o resto da illa e volvemos a San Simón. Falounos da escultura do capitán Nemo e de Xulio Verne e da escultura dos trobadores. Mostrounos os edificios reformados e a súa nova función: hotel, salas de exposicións, aulas para cursos... Camiñamos polo paseo dos buxos ( eran altísimos ) e vimos o túnel polo que querían fuxir os presos. 
 As dúas illas están cheas de vexetación con grandes árbores( árbore do té, nogueiras, eucaliptos, palmeira canaria, nispereiros, verónica e outras) e con grandes arbustos( buxos, hortensias, loureiro e falso loureiro, ave do paraíso, limpabotellas, cana india e outros. Ao acabar a visita guiada fomos comer e xogamos moito tempo á pita.
 Logo xogamos cos piratas a encontrar probas con instrucións seguindo un mapa polas dúas illas. Un de nós era o capitán, tiñamos que ir collidos das mans e facer de estatuas cando víramos a algún pirata. Ao remate do xogo merendamos e volvemos xogar á pita. Por último, recollemos as nosas cousas e o lixo, embarcamos por cursos de un en un, chegamos a Moaña ás 6 da tarde e estaban esperándonos as nosas familias no peirao.
 Foi unha experiencia incrible. Gustaríanos repetila algún día.

9 de xuño de 2013

Parrafadas ao teléfono

O alumnado de cuarto curso representou no Festival das Letras Galegas "Parrafadas ao teléfono" e fixéronno xenial:

Terceiro curso no Festival das Letras Galegas

Os nenos e nenas de terceiro fixeron o baile dos panos, e un recitado do poema de Rosalía de Castro " A noitiña de San Xoán


13 de maio de 2013

Acrosport en 3º e 4º curso


Os nenos e nenas de 3º e 4º curso
 estiveron traballando nas clases de E.F. o Acrosport. É un deporte que combina a acrobacia coa coreografía. Puxeron moito da súa parte para que as figuras saísen ben e, a verdade e que o resultado foi excelente.






Letras Galegas

O Seminario Galán acércanos este xogo para aprender sobre Roberto Vidal Bolaño

29 de abr. de 2013

Recibimos visita na hora de ler en 3º

A semana pasada, a clase de 3º recibimos a visita dos nosos compañeiros e compañeiras de 2º.
Foi durante a hora de ler.
Viñeron para contarnos un bonito conto entre todos. 
Graciñas, o fixéchedes moi ben!!

26 de abr. de 2013

25 de abr. de 2013

3º escoitamos un conto en informática

Aldara e Laura contaron aos seus compañeiros o conto "o soño do osiño rosa". Foi durante a clase de informática e para ilo empregaron o visor de documentos.


22 de abr. de 2013

Boas noticias para o cole

Onte, sábado 20 de Abril,  tivo lugar a  XXII edición dos premios da Irmandade do libro, que concede a
Federación de Librarías de Galicia., para premiar os traballos relacionados co libro e a lectura no ano 2012. O noso centro  recibiu o premio da categoría centros de Ensino.

O acto celebrouse na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, e nel estivo presente o Consellerio de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, que nos fixo entrega do diploma acreditativo, e unha escultura de bronce de Ismael López Fernández., ademais de un lote de libros por valor de 2000 euros.

O prestixioso premio ten varias categorias. Os premiados de este ano foron:


  •  Libraría "Kómic" de Santiago de Compostela
  • Fomento da Lectura: A web "Galicia Encantada" 
  • Recoñecemento especial a Antonio Fernández Maira, pola súa labor como coordinador da Federación de Libreiros
Mais información en:
Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Brétemas

Faro de Vigo

La Voz de Galicia

16 de abr. de 2013

Recibimos ao pai de Breixo

Zoilo, o pai de Breixo, falounos do seu traballo de mariñeiro en alta mar. Mostrounos no mapamundi os países nos que pescou. Tamén nos ensinou fotos nos barcos. Repetiunos moitas veces a importancia que ten estudar moito para poder conseguir un traballo que nos guste e para iso hai que facer caso ás profesoras. Grazas Zoilo pola túa colaboración!!

 

9 de abr. de 2013

Muiñeira corrida

Este trimestre temos un montón de gañas de bailar. Mirade que ben nos sae a muiñeira corrida. O baile é o recollido por Luis Prego no seu libro "Para cantar e bailar"

5 de abr. de 2013

Charla para as familias


Queridas familias:

Conscientes da crecente preocupación polo coidado do medio ambiente e da nosa saúde, dende o Equipo de Natureza, queremos convidarvos a unha charla informativa sobre os grupos de consumo ecolóxico. Nela, trataremos os seguintes temas:
·               Unha alimentación máis saudable e natural para os nosos fill@s.
·               Coñecer de onde proceden os alimentos que consumimos.
·              A cociña con alimentos frescos e ecolóxicos, cultivados ou elaborados por pequenos produtores da nosa comunidade.
·               A mellora do medio ambiente no que vivimos.
·               O comercio xusto.
A charla terá lugar o martes día 9 na aula de música, ás 16:00.

Un saúdo

María    C. -  Coordinadora do Equipo de Natureza.

3 de abr. de 2013

As excursións de 4º



No 2º trimestre visitamos o porto pesqueiro de Vigo, a praia de Moaña e o porto de Meira. Observamos directamente as actividades relacionadas co sector primario e secundario. O mellor de todo foi mariscar na praia de Moaña co angazo e coas botas de auga postas. Dolores, a presidenta das mariscadoras, ensinounos a apañar os croques( berberechos ) e as ameixas. Josefa, unha mariscadora, mostrounos a súa habiliadade para coller navallas.
No porto de Meira Carlos, o naseiro, ensinounos dúas chabolas de mariñeiro por dentro, distintos tipos de redes, o funcionamento das nasas, as cordas para o boliche, palabras mariñeiras...
No porto pesqueiro de Vigo estivemos cos compañeiros e compañeiras de 2º e 3º percorrendo a lonxa e os almacéns de traballo seguindo as explicacións do guía. Na lonxa había peixes espada enormes e tiburóns( marrajos ) que estaban  cortando e empaquetando .Nos almacéns había moita xente traballando co peixe, estábanno colocando en caixas, subíanno aos vehículos de carga e circulaban polos corredores cos enormes paquetes camiño dos camións que os levarían ás pescaderías ou fábricas.
Só nos quedou por ver a viaxe do peixe nos camións ata a chegada ao seu destino de venda. Faltounos o sector terciario; pero, algo vimos del ao principio de curso cando visitamos a praza de abastos de Moaña e vimos os postos das vendedoras de carne e peixe.



12 de mar. de 2013

Rimas de amor

Extraordinaria foi a participación das familias na convocatoria de rimas de amor para os seus fillos. Unha vez máis agradecemos ás familias a colaboración que prestan nas nosas propostas e a boa disposición cara a lingua. Recibimos máis e cen rimas en galego dedicadas aos nosos alumnos e alumnas sin que a convocatoria mencionara expresamente este requisito. O Equipo de biblioteca e o de Dinamización Lingüística, valoran este feito moi positivamente e non poden deixar de felicitar a todas as familias por compartir palabras tan fermosas cos seus fillos. Aqui podemos ver algunhas das rimas:

7 de mar. de 2013

A nosa presentación dixital sobre o Entroido

Os nenos e as nenas de 3º estivemos aprendendo a facer un Power Point na clase de informática.
Aproveitamos para traballar sobre o Entroido de Meira e contarvos algunhas cousiñas sobre el.




QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas