3 de abr. de 2013

As excursións de 4º



No 2º trimestre visitamos o porto pesqueiro de Vigo, a praia de Moaña e o porto de Meira. Observamos directamente as actividades relacionadas co sector primario e secundario. O mellor de todo foi mariscar na praia de Moaña co angazo e coas botas de auga postas. Dolores, a presidenta das mariscadoras, ensinounos a apañar os croques( berberechos ) e as ameixas. Josefa, unha mariscadora, mostrounos a súa habiliadade para coller navallas.
No porto de Meira Carlos, o naseiro, ensinounos dúas chabolas de mariñeiro por dentro, distintos tipos de redes, o funcionamento das nasas, as cordas para o boliche, palabras mariñeiras...
No porto pesqueiro de Vigo estivemos cos compañeiros e compañeiras de 2º e 3º percorrendo a lonxa e os almacéns de traballo seguindo as explicacións do guía. Na lonxa había peixes espada enormes e tiburóns( marrajos ) que estaban  cortando e empaquetando .Nos almacéns había moita xente traballando co peixe, estábanno colocando en caixas, subíanno aos vehículos de carga e circulaban polos corredores cos enormes paquetes camiño dos camións que os levarían ás pescaderías ou fábricas.
Só nos quedou por ver a viaxe do peixe nos camións ata a chegada ao seu destino de venda. Faltounos o sector terciario; pero, algo vimos del ao principio de curso cando visitamos a praza de abastos de Moaña e vimos os postos das vendedoras de carne e peixe.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas