Na clase de Proxecto competencial, iniciamos unha nova investigación por equipos. Cada equipo, elaborará un traballo sobre un animal: bolboreta, oso panda, crocodilo e balea. Logo, exporemos a información atopada para os compañeiros e compañeiras. Hoxe, o primeiro, foi ir á biblioteca a buscar libros para aprender moito.
10 de abr. de 2024
24 de xan. de 2024
Lugares favoritos de Galicia en 4º
28 de out. de 2023
Investigamos sobre as froitas típicas do outono na aula de 4°
Na aula de 4º estamos a traballar sobre a froita que se consume no outono. Buscamos información sobre esas froitas típicas en distintas páxinas de internet, e agora, estamos a preparar un Libre Office Impress nos ordenadores con esa información.
Vainos quedar moi chulo!
27 de out. de 2023
Ciencias da Natureza con realidade aumentada en 3°
Nesta ocasión, estivemos investigando sobre os ósos máis importantes do corpo humano. Fixemos unha selección de libros na biblioteca que nos foron de utilidade, tamén consultamos libros que o alumnado trouxo das súas casas e, finalmente, apoiámonos das tabletas para ver o esqueleto en realidade aumentada e localizar o nome dos ósos que tiñamos que buscar.
Estivo moi entretido!
29 de nov. de 2021
DÍA DA CIENCIA NA AULA DE 4º
Os nenos e nenas de 4º convertéronse o pasado venres en científicos para amosarnos os seus experimentos e conmemorar así o día da Ciencia, dedicado este ano a Jimena Fernández de la Vega. Tamén estudaron sobre Elena García Armada.
Aquí deixamos unha proba do ben que o fixeron. Desde o cole queremos darvos os parabéns polo bo traballo que fixéchedes todos e todas e tamén agradecemos ás familias a súa colaboración neste traballo.
PRESENTACIÓN.
28 de abr. de 2020
Traballo de investigación de 4º
Seguide así de ben!
Proposta de investigación en 3º
Un saúdo
20 de abr. de 2020
CATARATAS 4º
14 de abr. de 2020
TAREFA 3º PRIMARIA: XEOGRAFÍA
Buscaredes información sobre os ríos máis importantes do planeta.
Podesdes buscar aquí a información ou noutras páxinas :
National Geographic
Wikipedia
O que faredes será:
1. Buscades o nome dos 3 ríos máis longos do planeta, anotades os nomes e o continente onde se atopan.
2. Coa información que atopedes anotades os resultados na vosa libreta de sociais.
- O río máis longo do mundo é ... e está en ...
- O segundo río máis longo do mundo é ... e está en ...
- O terceiro río máis longo do mundo é ... e está en ...
Se tedes algún programa de edición de fotos (Paint, PicCollage,...) e vos apetece podedes escribir os nomes dos ríos no mapa e enviala ao correo da titora:
terceiroenquintela@gmail.com
Ánimo!!!
25 de nov. de 2019
21 de nov. de 2019
Ensaiando os experimentos
A clase de 4º e o Día da Ciencia
Estes somos os grupos que imos participar:
18 de nov. de 2019
A clase de 4º repartimos as invitacións para a celebración do Día da Ciencia
5 de abr. de 2019
Mulleres españolas no deporte
- Noelia Pérez: taekwondo
- Teresa Portela: remo
- Chus Lago: alpinismo
- Almudena Cid: ximnasia rítmica
- Mireia Belmonte: natación
- Edurne Pasaban: alpinismo
- Polina Berezina: ximnasia rítmica
- Lydia Valentín: halterofilia
- Ruth Beitia: atletismo
- Sheila Herrero: patinaxe
- Sara Hurtado: patinaxe
- Joana Pastrana: boxeo
- Teresa Perales: natación
- Helia González: voleibol
- Queralt Castellet: snowboard
- Laia Sanz: motocross
- Patricia García: rugby
- Garbiñe Muguruza: tenis
- Vero Boquete: fútbol
- Ana Peleteiro: atletismo
- Sandra Sánchez: karate
- Ona Carbonell: natación sincronizada
- Carolina Marín: badminton
25 de mar. de 2019
Visita Pedro Estévez (veterinario) a 2º ciclo
20 de nov. de 2018
Día da Ciencia
Podedes ver o vídeo sobre a biografía que crearon.
Día da Ciencia
4º continúa a traballar no Mes da Ciencia
Organizámonos en 9 grupos e traballamos en 9 experimentos. Como a presentación dos experimentos faise en dúas sesións, repetimos un.
Os experimentos son:
4º segue coa ciencia
QUERES FACER UN COMENTARIO?
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.