Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: o mar b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: o mar b>. Amosar todas as publicacións
15 de xuño de 2023
3º visita a exposición sobre “O MAR”
Esta semana estivemos vendo a exposición sobre sobre “O MAR”.
Labels:
Curso 2022-2023,
Proxecto: o mar
24 de abr. de 2023
3º e 4º na Intermareal de Tirán
A semana pasada as nenas e nenos de 3º e 4º de primaria coñecemos un pouquiño máis a nosa costa. Fixemos a ruta Intermareal de Tirán, acompañados de Lu (oceanógrafa) e Óscar, guía da asociación "A Illa dos Ratos".
Aprendemos unha chea de cousas sobre as especies que viven entre as mareas e tamén nos contaron anécdotas moi curiosas de Moaña.
Resultou unha saída moi interesante.
10 de mar. de 2023
Salvamento marítimo en 4º
Para coñecer un pouco máis o noso entorno marítimo, estivo na aula de 4º curso Marcos Ogando, comandante do helicóptero Pesca 1, con base en Vigo.
O Pesca 1 forma parte da dotación de Salvamento marítimo da Xunta de Galicia.
No encontro coa clase de cuarto contounos arriscadas e difíciles experiencias, explicando como é o seu equipo, que protocolos cumpren, como se organizan e outras interesantes cuestións.
Nas fotos vemos como intentou transmitir o difícil que resulta manter o equilibrio cando as condicións do medio son adversas e o importante que son os entrenamentos.
4 de xul. de 2013
12 de xuño de 2013
4º informa da visita a San Simón
EXCURSIÓN Á ILLA DE SAN SIMÓN
O xoves, 6 de xuño, todo o colexio de Quintela fomos de visita ao arquipélago de San Simón. Coñecémola como illa pero, en realidade, é un arquipélago porque son dúas illas unidas por unha ponte e dous illotes máis.
No peirao de Moaña esperábannos uns piratas e pasamos toda a viaxe en barco cantando cancións con eles. Foi emocionante pasar por debaixo da ponte de Rande.
Cando chegamos merendamos e xogamos un pouco. Despois, a guía Enma levounos de visita á illa de San Antón pasando pola ponte que a une coa de San Simón. Alí entramos no museo e contounos a historia do arquipélago: a batalla de Rande, o lazareto, o orfanato, o cárcere...
Logo visitamos o resto da illa e volvemos a San Simón. Falounos da escultura do capitán Nemo e de Xulio Verne e da escultura dos trobadores. Mostrounos os edificios reformados e a súa nova función: hotel, salas de exposicións, aulas para cursos... Camiñamos polo paseo dos buxos ( eran altísimos ) e vimos o túnel polo que querían fuxir os presos.
As dúas illas están cheas de vexetación con grandes árbores( árbore do té, nogueiras, eucaliptos, palmeira canaria, nispereiros, verónica e outras) e con grandes arbustos( buxos, hortensias, loureiro e falso loureiro, ave do paraíso, limpabotellas, cana india e outros.
Ao acabar a visita guiada fomos comer e xogamos moito tempo á pita.
Logo xogamos cos piratas a encontrar probas con instrucións seguindo un mapa polas dúas illas. Un de nós era o capitán, tiñamos que ir collidos das mans e facer de estatuas cando víramos a algún pirata.
Ao remate do xogo merendamos e volvemos xogar á pita. Por último, recollemos as nosas cousas e o lixo, embarcamos por cursos de un en un, chegamos a Moaña ás 6 da tarde e estaban esperándonos as nosas familias no peirao.
Foi unha experiencia incrible. Gustaríanos repetila algún día.
16 de abr. de 2013
Recibimos ao pai de Breixo
Zoilo, o pai de Breixo, falounos do seu traballo de mariñeiro en alta mar.
Mostrounos no mapamundi os países nos que pescou.
Tamén nos ensinou fotos nos barcos.
Repetiunos moitas veces a importancia que ten estudar moito para poder conseguir un traballo
que nos guste e para iso hai que facer caso ás profesoras.
Grazas Zoilo pola túa colaboración!!
4 de abr. de 2013
3 de abr. de 2013
As excursións de 4º
No 2º trimestre visitamos o porto pesqueiro de Vigo, a praia de Moaña e o porto de Meira. Observamos directamente as actividades relacionadas co sector primario e secundario. O mellor de todo foi mariscar na praia de Moaña co angazo e coas botas de auga postas. Dolores, a presidenta das mariscadoras, ensinounos a apañar os croques( berberechos ) e as ameixas. Josefa, unha mariscadora, mostrounos a súa habiliadade para coller navallas.
No porto de Meira Carlos, o naseiro, ensinounos dúas chabolas de mariñeiro por dentro, distintos tipos de redes, o funcionamento das nasas, as cordas para o boliche, palabras mariñeiras...
No porto pesqueiro de Vigo estivemos cos compañeiros e compañeiras de 2º e 3º percorrendo a lonxa e os almacéns de traballo seguindo as explicacións do guía. Na lonxa había peixes espada enormes e tiburóns( marrajos ) que estaban cortando e empaquetando .Nos almacéns había moita xente traballando co peixe, estábanno colocando en caixas, subíanno aos vehículos de carga e circulaban polos corredores cos enormes paquetes camiño dos camións que os levarían ás pescaderías ou fábricas.
Só nos quedou por ver a viaxe do peixe nos camións ata a chegada ao seu destino de venda. Faltounos o sector terciario; pero, algo vimos del ao principio de curso cando visitamos a praza de abastos de Moaña e vimos os postos das vendedoras de carne e peixe.
1 de mar. de 2013
Queridos nenos e nenas de cuarto
COMO VOS VIVIDES AO LADIÑO DO MAR, GUSTARÍAME APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE O MAR.
QUERÉDESME AXUDAR?
PODEDES DICIRME QUÉ ARTES DE PESCA HAI, E CALES SON AS QUE MÁIS SE USAN?
Queridos nenos e nenas de terceiro
COMO VOS VIVIDES AO LADIÑO DO MAR, GUSTARÍAME APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE O MAR.
QUERÉDESME AXUDAR?
PODEDES DICIRME QUÉ MARES E OCÉANOS HAI NO MUNDO?
1 de nov. de 2012
Mirade as fotografías...
No cole temos unha exposición de fotografías. Que será ? Hai que mirar e ler:
Podedes facerlle os pés de foto?
GUSTOUVOS A
EXPOSICIÓN?
OBSERVADE
AS FOTOS DO PANEL “O
MEDIO
E EN PERIGO” E
DO PANEL“ AS ILLAS
CONTAMINADAS”.
FOTOS DA EXPOSICIÓN?
Podedes ser xornalistas para min?
GUSTARÍAME
QUE REDACTARADES UNHA NOTICIA CO TITULAR E O
CORPO SOBRE O DESASTRE DO PRESTIGE.
· QUÉ SUCEDEU
· QUEN FOI O PROTAGONISTA
· COMO SUCEDEU
· CANDO SUCEDEU
· POR QUE SUCEDEU
· ONDE SUCEDEU
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
QUERES FACER UN COMENTARIO?
Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas