12 de xuño de 2013

4º informa da visita a San Simón

EXCURSIÓN Á ILLA DE SAN SIMÓN




 O xoves, 6 de xuño, todo o colexio de Quintela fomos de visita ao arquipélago de San Simón. Coñecémola como illa pero, en realidade, é un arquipélago porque son dúas illas unidas por unha ponte e dous illotes máis. No peirao de Moaña esperábannos uns piratas e pasamos toda a viaxe en barco cantando cancións con eles. Foi emocionante pasar por debaixo da ponte de Rande.
 Cando chegamos merendamos e xogamos un pouco. Despois, a guía Enma levounos de visita á illa de San Antón pasando pola ponte que a une coa de San Simón. Alí entramos no museo e contounos a historia do arquipélago: a batalla de Rande, o lazareto, o orfanato, o cárcere... Logo visitamos o resto da illa e volvemos a San Simón. Falounos da escultura do capitán Nemo e de Xulio Verne e da escultura dos trobadores. Mostrounos os edificios reformados e a súa nova función: hotel, salas de exposicións, aulas para cursos... Camiñamos polo paseo dos buxos ( eran altísimos ) e vimos o túnel polo que querían fuxir os presos. 
 As dúas illas están cheas de vexetación con grandes árbores( árbore do té, nogueiras, eucaliptos, palmeira canaria, nispereiros, verónica e outras) e con grandes arbustos( buxos, hortensias, loureiro e falso loureiro, ave do paraíso, limpabotellas, cana india e outros. Ao acabar a visita guiada fomos comer e xogamos moito tempo á pita.
 Logo xogamos cos piratas a encontrar probas con instrucións seguindo un mapa polas dúas illas. Un de nós era o capitán, tiñamos que ir collidos das mans e facer de estatuas cando víramos a algún pirata. Ao remate do xogo merendamos e volvemos xogar á pita. Por último, recollemos as nosas cousas e o lixo, embarcamos por cursos de un en un, chegamos a Moaña ás 6 da tarde e estaban esperándonos as nosas familias no peirao.
 Foi unha experiencia incrible. Gustaríanos repetila algún día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas