Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: os dereitos da infancia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: os dereitos da infancia b>. Amosar todas as publicacións
20 de nov. de 2013
13 de dec. de 2012
4º lembra a viaxe a Santiago de Compostela
"Todos os nenos e nenas do mundo teñen dereito desde que nacen a ter un nome e unha nacionalidade."
A viaxe gustounos tanto que decidimos contar algunha lembranza dese día. Son estas:
Os meus compañeiros e máis eu cando chegamos a Santiago fomos ao auditorio de Novagalicia banco a ver a gala dos Dereitos da Infancia na que algúns colexios e institutos representaron os Dereitos da Infancia.
JAVI
Na viaxe a Santiago gustoume entrar na catedral. Da catedral gustoume o Santo dos Croques. Divertinme bastante na Praza da Quintana. Iso foi o que máis me gustou.
PABLO
Na viaxe a Santiago divertímonos moito. Fomos á catedral, estivemos na Praza do Obradoiro e fomos ao auditorio a participar na gala dos Dereitos da Infancia.
Levámonos o mellor recordo: a diversión e a amizade.
LUCÍA
A min gustoume entrar na catedral. Foi moi divertido o que nos explicou a profe de que cada turista que pasaba diante dunha estatua dábase un croque. Como a catedral é moi grande direivos que o Santo dos Croques está na fachada.
NAIMA
Ver a catedral de Santiago e o xardín polo que pasamos antes de chegar a ela gustoume moito, moito. Tamén cando escoitamos a música de Vivaldi no auditorio.
YAIZA
Cando entrei na catedral vin que era enorme e preciosa. Foi alucinante baixar á cripta para ver a tumba do apostol Santiago. Iso foi o que máis me gustou
MALENA
A min gustoume o pallaso que presentou a gala, xogar á pita todos xuntos na Praza da Quintana e tamén ir visitar o Santo dos Croques na catedral. Como non tiña diñeiro leveille de regalo á miña nai unha pedra pequeniña que atopei.
MARÍA
O que máis me gustou foi a catedral, porque era enorme e estaba moi ben construída.
O Santo dos Croques, o botafumeiro, a tumba de Santiago, o ollo de Deus,... Son algunhas das cousas que vimos dentro da catedral.
MARTÍN
O que máis me gustou foi a obra musical " As catro estacións " de A. Vivaldi. Hai unha música diferente para cada estación e a que máis me gustou foi o verán. Había unha narradora e o violinista tocaba e facía teatro.
JERO
A min gustoume ir ao auditorio e ver o presentador que parecía un pallaso. Pero gustoume máis ver a catedral, que era moito máis alta do que pensaba.
LAURA
Cando fun á catedral gustoume moito a decoración e tamén ir ao auditorio e ver ao mimo e aos Bolechas.
ANXO C.
O que máis me molou foi ver ao pallaso no escenario co can de peluche dando unha voltereta. Pero, o que máis me emocionou foi a lectura de Laura ( unha rapaza de instituto ) e os nenos e nenas que cantaron. Foi moi emocionante. O que me gustou da cidade foi a Praza do Obradoiro e o xardín que había camiño da catedral.
ANA
O que máis me gustou foi a tenda de recordos. Tiña moitas cousas como colares, pendentes, figuras, bandeiras, postais, libros, mapas,... Eu comprei unha postal e unha guía de Santiago.
ADRIÁN
A min gustoume moito a catedral. Impresionoume a representación musical " As catro estacións " de Vivaldi. Tamén me gustaron as fontes das rúas, a universidade, a catedral, o tren turístico e o auditorio.
JONATHAN
A min encantoume a Praza da Quintana porque había unha tenda na que vendían moitos artículos e o que máis me gustou foi o libro sobre Santiago que comprei.
YANN
A min emocionoume como explicaron o Dereito IX: " O neno e a nena deben estar protexidos contra toda forma de abandono e crueldades. Non deberá permitirse que traballen antes dunha idade mínima axeitada ".
ANXO O.
4 de dec. de 2012
O noso vídeo sobre os dereitos da infancia
Este é o vídeo que levamos a Santiago, na celebración do Día dos Dereitos da Infancia:
17 de nov. de 2012
Os dereitos da infancia
Neste vídeo explica en que consiste o dereito a ter unha nacionalidade,o artigo nº 3 da Declaración dos dereitos do neno e da nena, sobre o que estivemos traballando esta semana.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
QUERES FACER UN COMENTARIO?
Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas