Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2015- 2016. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2015- 2016. Amosar todas as publicacións

21 de xuño de 2016

O clube balonmán Moaña ven ao cole

O venres estiveron representantes do Clube Balonmán Moaña no cole e fixeron actividades para animar aos nenos e nenas a practicar este deporte. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos.


14 de xuño de 2016

Olimpíada 2016

Parabéns a todos os nenos e nenas que participaron na Olimpíada polo ben merecido 4º posto acadado!!!!



O alumnado de cuarto curso xestiona

Os nenos e nenas de cuarto curso queríamos actividades de Educación vial no noso cole.
Cando fomos ao Concello de Moaña, pedímosllas á nosa alcaldesa. Ela explicounas que había que pedirllas á Xefatura de tráfico, e que dende alí se coordinarían coa Policía Local para facer as actividades..


 Na clase de cuarto  todos escribimos cartas para Helena, a coordinadora de Educación Vial da Xefatura de Tráfico de Pontevedra.
 

 E ela contestounos!

Tamén nos enviou uns agasallos.

E hoxe veunos visitar ao colexio e díxonos que en setembro virán facer as actividades de Educación Vial no noso cole para todos os nenos e nenas!

10 de xuño de 2016

Excursión a Barosa

O pasado 9 de xuño todo o colexio celebramos o remate do curso pasando o día nos muíños da Barosa na ribeira do río Agra no concello de Barro ( Pontevedra ). Os cursos de 4º, 5º e 6º fixemos varias actividades xuntos e temos moitas fotos. Cunha selección delas fixemos un álbum Picasa. A propósito, pasámolo moi ben.

8 de xuño de 2016

Vídeos do Festival das Letras Galegas

Aquí vos deixamos os vídeos das actaución que se fixeron no festival das Letras Galegas.
Queremos dar grazas a Roberto, o paid e Aarón de 6º de Infantil, por gravar o evento e facelo tan ben! 







6 de xuño de 2016

Visita á exposición interactiva por parte do alumnado

O alumnado está entusiasmado co traballo que fixeron referido á exposición interactiva sobre Manuel María. Estiveron visitándoa e quedaron encantados!


3 de xuño de 2016

O trasatlántico mais grande do mundo

O trasatlántico mais grande do mundo estivo no porto de Vigo.



E na clase de cuarto mirámolo dende a fietra da nosa aula:

26 de maio de 2016

Facemos cómic en cuarto curso

Na clase de cuarto curso fixemos cómics, con un único tema: a froita.
Queremos practicar, porque o próximo curso imos participar no concurso de cómic do concello de Moaña.
Mirade que chulos nos quedaron:

Morfobooth de Manuel María para darnos a benvida á exposición

O alumnado de 4º curso fixo un MorfoBooth no que Manuel María danos a benvida á exposición interactiva que lle adicamos.


13 de maio de 2016

O sol chámase...

Mirade que ben recitamos o poema de Manuel María os nenos e nenas de terceiro curso:

Un cómic coa ferramenta PAINT na sesión TIC

O alumnado de 3º está a facer un cómic co programa Paint, no que teñen que utilizar como personaxes, algunha das froitas que tomaron nestas tres semanas de froita na escola.




12 de maio de 2016

MorfoBooth na aula de 3º

Na clase de 3º estimevos aprendendo moito sobre a metereoloxía co proxecto Meteoquintela. Nas sesións TICs aproveitamos para darlle vida a un elemento atmosférico que nos gustase. Mirade que chulada!

Un PowerPoint do alumnado de 3º

En 3º estivemos preparando parte dun poema de Rosalía de Castro co programa PowerPoint. Aquí vos mostramos o ben que nos quedou.

11 de maio de 2016

Mais PDI e IPAD na clase de 4º

En 4° seguimos moi entusiasmados coa Pizarra Dixital Interactiva (PDI) e co cómic no Ipad.










6 de maio de 2016

ENGLISH´S CLASS

SEGUIMOS APRENDENDO SOBRE A METEOROLOXÍA, E ESTA VEZ NA CLASE DE INGLÉS. APRENDERON VOCABULARIO SOBRE O TEMA, A PREGUNTAR QUE TEMPO FAI, SE FAI FRÍO OU CALOR,...MIRADE QUE BEN O FAN OS NENOS E NENAS DE TERCEIRO!!!









5 de maio de 2016

Pizarra dixital interactiva e Ipad na aula TIC

Nas clases TIC estamos a aprender, a descubrir e explorar cómo se utiliza a Pizarra Dixital Interactiva (PDI) e o Ipad.
Facemos actividades na PDI e no Ipad estamos a facer un cómic!
Moito nos gusta facer este tipo de traballos...

 

4 de maio de 2016

O coelliño branco no kamishibai

O alumnado de 4º curso está feito un experto contador de contos. Compartiu cos máis pequenos do cole o conto do Coelliño branco, adaptado para o kamishibai, o teatriño de orixe xaponesa. Un novo éxito da actividade "Conta que che conto"


2 de maio de 2016

As familias contan: Astrid

Tivemos unha contacontos moi especial, Astrid a nai de Samuel trouxonos as historias de Pete, un gatiño negro moi divertido.

30 de abr. de 2016

Na clase de inglés en cuarto curso...

Para celebrar o Día do libro, redactamos a biografía de William Shakesperare en inglés, e tamén debuxamos as portadas das súas obras mais importantes.

28 de abr. de 2016

Tivemos unha contacontos moi especial, Astrid a nai de Samuel de 4º curso trouxonos as historias de Pete, un gatiño negro moi divertido, que nos contou en inglés, a súa lingua materna

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas