A última semana de clase visitáronnos Marga e Luisa, da Protectora do Morrazo. Explicáronnos como é o seu traballo diario e faláronnos do importante que é adoptar cans. Aprendemos unha chea de cousas moi interesantes. Parabéns polo voso traballo!
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2016-2017 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2016-2017 b>. Amosar todas as publicacións
24 de xuño de 2017
22 de xuño de 2017
Os nosos proxectos de investigación
Para rematar o curso, na materia de "Aprender a investigar" fixemos diferentes proxectos de investigación, segundo os nosos intereses.No vídeo contámosvos un pouquiño deles:
A gran sopresa. os nosos afillados!!!
Onte os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria tivemos a visita inesperada dos nosos afillados. Elas, as representantes da protectora nos explicaron todo, como por exemplo o importante que é adoptar.
Presentáronse e dixeron como se chamaban: Marga e Luísa. Amosáronnos unha presentación de diapositivas que por certo tiña moita información e que trataba de…saber educar aos cans, e o importante que é adoptar e non comprar, e tamén nos ensinaron un vídeo do seu día a día.E finalmente deixáronnos agarimar aos cans.
A min encantoume a experiencia.
Moitas grazas Marga e Luísa.

Autora: Sarah, 4º de Primaria
20 de xuño de 2017
Xornada de convivencia
O día 15 de xuño todo o alumnado do colexio tivemos unha xornada de convivencia en Arcade. Pasámolo moi ben e aquí vos deixamos uns fermosos comentarios dos nenos e nenas de 3º.
16 de xuño de 2017
Obra de Carlos Casares polo alumnado de 4º curso
Aquí tedes a benvida que fixo o alumnado de 4º curso, coa aplicación para Ipad Morfobooth para visitar a exposición Interactiva de Carlos Casares.
Tamén utilizaron a aplicación para Ipad MadPad para nomear varias das súas obras. Quedou moi ben!!!!

11 de xuño de 2017
3º visita a exposición interactiva sobre Carlos Casares
Aquí vos deixamos unhas fotos da visita que fixemos na clase de 3º á exposición interactiva sobre Carlos Casares.
6 de xuño de 2017
Visitamos a exposición
Hoxe o alumnado de cuarto curso visitou a exposición de realidade aumentada sobre Carlos Casares.Todos os cursos participaron cos seus traballos, utilizando diferentes ferramentas dixitais para facer a súa biografía, comentarnos as súa obra, contar os seus contos,... Encantóulles!
1 de xuño de 2017
28 de maio de 2017
Festival Letras Galegas 2017
Aquí temos os vídeos das Letras Galegas. Grazas a Xosé Villaverde "Villa", avó de Claudia que colaborou con nós facendo as fotos e vídeos do festival.
22 de maio de 2017
Carteis festival Letras Galegas
Os nenos e nenas de 3º elaboraron os carteis para anunciar as actuacións do festival das Letras Galegas.Aquí vos deixamos dous modelos para que esteades ben informados.
20 de maio de 2017
Aprendemos primeiros auxilios
Lembrades que na clase de cuarto estamos moi interesados na Cruz Vermella? Fomos investigando e buscando información, e por último escribímoslle á Cruz Vermella de Pontevedra, para pedirlles que viñeran ensinarnos Primeiros auxilios.
En resposta ás nosas peticións, o martes recibimos a visita de Catuxa, voluntaria da Cruz Vermella de Pontevedra. Ensinounos a desenvolvernos en caso de accidentes, e como facer para axudar a alguén que estea ferido, inconsciente,...: Protexer, Avisar, Socorrer. Tamén sabemos como realizar unha chamada ao 112 e que datos hai que dar cando chamemos.
Xa sabemos un montón de cousas!!!

A prehistoria
Na clase de cuarto gústanos moito a historia. Leire sorprendeunos cunha presentación dixital e unha maqueta sobre os megalitos : menhires, dolmens, crómlechs, ...un traballo moi completo
![]() |
Exposición oral con prssentación |
![]() |
Maqueta de Leire |
11 de maio de 2017
Contacontos IES Carlos Casares
Esta mañá visitáronnos algúns alumnos e alumnas do IES Carlos Casares. Compartiron con todo o alumnado do noso colexio varias actividades sobre Carlos Casares: contacontos, xogos de mesa, quebracabezas... Na clase de 3º tocounos un xogo de mesa chamado "O tren de Casares". Aprendemos moitas cousas sobre este escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas e pasámolo moi ben. Grazas a todos por compartir os vosos traballos. Fixéstelo moi ben!!!
Contacontos IES Carlos Casares
Hoxe aprendemos un pouco máis de Carlos Casares, o escritor das Letras Galegas 2017.
Viñeron ao cole un grupo de alumnos e alumnas do IES Carlos Casares de Vigo que investigaran moito sobre o escritor, tanto que lle deron no curso pasado un premio de Innovación en Normalización Lingüística .
Léronnos a biografía de Carlos Casares. e logo xogamos a un xogo que eles crearon coa axuda das súas profes.
Pasámolo moi ben.
Moitas grazas!!!!

10 de maio de 2017
IOGA
Na clase de valores, estamos a facer ioga. Falamos dos principios do ioga e contamos contos que tratan de cada un deles. Despois facemos as asanas. Aprendemos xuntos e pouquiño a pouco. Ao final, facemos unha pequena relaxación ou traballamos con visualizacións.
A finalidade do noso traballo non é facer as posturas perfectas. NecesitarIamos unha profe especializada en ioga! O que queremos é aprender a sentirnos, a usar a respiración para relaxarnos e a respeCtar e coidar o noso corpo.
Traballamos dobre... Movemos todas as mesas para facer sitio! Pero facémolo tranquilamente, con ledicia e con moito gusto
Labels:
4º de Primaria,
Curso 2016-2017,
Educación emocional
Hoxe... Masaxe!
Na clase de valores de 3º, hoxe tocou masaxe. Disfrutamos moito e relaxámonos. Turnámonos para dar masaxe e recibir tamén, aínda que algúns elixen só ser masaxistas e outros só relaxarse recibindo a masaxe
7 de maio de 2017
A froita no cómic
Na semana da froita na clase de cuarto estamos facendo un obradoiro de cómic. Nalgúns dos traballos aparece a froita como protagonista:
5 de maio de 2017
28 de abr. de 2017
O CÓMIC COMO LIBRO FAVORITO
Con motivo da celebración do Día do Libro, o alumnado de 4º curso fixo un traballo no que reflexaron cal era o seu libro favorito, explicaron a parte do mesmo que mais lle gustou e fixeron unha ilustración da portada.
Algúns elixiron como libro favorito un cómic, mirade que chulos!
27 de abr. de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
QUERES FACER UN COMENTARIO?
Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas