O venres pasado toda a clase de 3º, acompañados polo director e mais por Paco (biologo de ADEGA), que era quen viña explicarnos como podemos coñecer a calidade da auga dos nosos ríos e se o seu contorno está nunhas condicións óptimas, achegámonos ó río de Rialdarca para levar a bo fín as nosas indagacións....
Unha vez ali,escoitamos atentamente as explicacións que nos deu Paco.
Despois , Paco recolleu mostras no río para que nós poideramos analizalas e estudalas.
E así o fixemos: buscamos, catalogamos e aprendemos a distiguir insectos e outros animais que vivían no río e tamén o valor e significado que tiña que houbera un ou outro tipo de animal.
Foi un gran día , entretido e divertido...Incluso tivemos tempo para merendar á beira do río.Para repetir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios