Bos días, rapaces e rapazas. Aquí vos deixo algunhas
actividades musicais. Que vos divirtades. Un saúdo.
- Comecemos cun reto, seredes capaces?
- Seguimos cun exercicio de ritmo. Primeiro
póñovos o vídeo para que vexades en que consiste.
Agora necesitaredes catro folios de cores (azul,
verde, amarelo e vermello). Se non tedes, colledes catro folios brancos e
facedes un círculo no centro, e logo pintádelo (un de cada cor).
Tedes que realizar, como o vídeo anterior o
ritmo que faga, estades preparados?. O vídeo déixavos un tempo para facelo
despois. Ánimo!!!
- E xa por último que non falte o baile, así que……….. a
bailar!!!
RECORDATORIO para os nenos e nenas de CUARTO. Dentro de dúas semanas imos necesitar a frauta. En caso de que a teñades no colexio, poñédevos en contacto coa titora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios