Chegamos ás 10:30 despois dun agradable paseo.
Cando chegamos saudamos a todas as persoas que nos estaban esperando con moita ilusión, tanta como tiñamos nós.
Cantamos e tocamos unha canción coa frauta. A canción falaba da Paz.
Despois estivemos falando con eles mentres faciamos dous preciosos murais e invitáronnos a merendar.
Foi unha mañá preciosa e todos os nenos e nenas recibimos moito cariño, foi unha vivencia realmente enriquecedora para todos, non queriamos marchar.
Gustaríanos felicitar a Sara , Sandra e Olga Rosales e a Sara Mariño, xunto co resto do equipo, pola labor que realizan alí e darlle as grazas por deixarnos desfrutar desta experiencia. Un bico moi grande.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios