14 de dec. de 2015

Correos en Nadal

Hoxe recibimos a visita de Antonio, que traballa en Correos en Moaña.
Queriamos saber como fai unha carta para chegar ao seu destino.

Antonio explicounos como clasifican as cartas, como as envían a outras cidades e países.
Tamén explicou como se debe poñer o enderezo  e o remite. para que non se perdan.
Falounos dos selos e dos vehículos que usan os carteiros/as  para facer o reparto.
Agora sabemos que en Moaña hai 13 carteiros, e que hai máis mulleres que homes.
Aprendemos un montón de cousas, e trouxonos unha caixa de correos ( "buzón" ) de agasallo.

Borja foi o que organizou esta visita. Estes nenos de 4º curso son moi autónomos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas