23 de nov. de 2020

4º celebra o Día da Ciencia 1ª parte

 O mércores, 18 de novembro, 4º celebrou o Día da Ciencia en galego na biblioteca do cole. Despois de moitos días de traballo na casa e na aula chegou o gran día. Prepararon a biblioteca e presentaron os seus experimentos en dúas sesións: unha para 3º e outra para 5º.

Este curso 2020-2021 convivimos coa pandemia da covid-19, a alerta sanitaria ten prioridade e por iso, só poidemos invitar a dous cursos. Tamén houbo que adaptarse ao límite de persoas que se poden reunir fóra do cole. Por ese motivo os experimentos foron preparados en distintas formas de agrupamento: de unha, de dúas e de tres persoas. Pero, aínda así, a experiencia foi moi enriquecedora para todas e para todos.

A presentación foi todo un éxito e a profe felicita a toda a clase polo bo traballo realizado.

NORABOA!!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas