Bos días, rapaces e rapazas. Aquí vos deixo algunhas
actividades musicais. Que vos divirtades. Un saúdo.
MÚSICA 3º
-
Empezamos cun xogo que se chama “atrapa notas”. Polo pentagrama van a ir
pasando 3 notas (mi, sol e la). En canto aparezan polo pentagrama, teredes que
tocala tecla do piano que corresponda. Recomendo que empecedes por este nivel
de tres notas, e logo quen queira pode seguir con outros niveis. Moito ánimo!!!
-
Seguimos cun xogo de memoria de instrumentos.
-
Xa por último, Uxía Lambona e a Banda Molona, a bailar!!!
MÚSICA 4º
-
Empezamos cun xogo que se chama “atrapa notas”. Polo pentagrama van a ir
pasando 5 notas (do grave, mi, sol, la e do agudo). En canto aparezan polo
pentagrama, teredes que tocala tecla do piano que corresponda. Recomendo que
empecedes por este nivel de cinco notas, e logo quen queira pode seguir con
outros niveis. Moito ánimo!!!
-
Seguimos cun xogo de memoria de instrumentos.
- Agora
recordamos posicións das notas musicais na frauta, (si pasas o cursor do rato
polo nome da nota, esta soará, aparecerá debuxada no pentagrama e verás a
posición para tocala na frauta).
- Xa por último toca practicar
coa frauta. Vamos a tocar unha Polka moi sinxela onde só utilizaremos as notas si e la.
https://www.youtube.com/watch?v=kMcQNGFCOZQ
https://www.youtube.com/watch?v=kMcQNGFCOZQ
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios