Primeiro miraremos o vídeo para refrescar un pouco a memoria e a continuación pasaremos a facer o traballo na libreta.
Traballo para 3º
Na vosa libreta faredes un listado de obxectos que teñades na casa que son máquinas simples e outro que son máquinas compostas. Se queredes podedes facer o debuxo ao lado.
Apetécevos construir algunha máquina?
Traballo para 4º
Faredes un listado de máquinas compostas especificando o tipo de enerxía que as fai funcionar.Podedes facer un debuxo se queredes.
Se queredes tamén podedes investigar sobre as distintas pezas que forman unha máquina composta.
Apetécevos construir algunha máquina?
Pasádeo ben!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios