Bos días a todas e a todos! Hoxe como é venres toca un pouco de matemáticas. Propoño unha actividade de pensar na resolución de problemas. Na páxina 101 do libro do 2º trimestre hai varios exercicios que teñen que ver coa observación de situacións de compra. Adiante e non corrades, pensade antes e se vedes a necesidade de usar o diñeiro para visualizalo mellor pedide na casa se volo poden deixar (só para iso, non vos aproveitedes). Lembrade de poñer todos os pasos na libreta e de resolver as operacións ben.
Ata o luns e boa fin de semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios