Como sabedes xa estamos na primavera!! Un pouco diferente á dos anos anteriores, pola situación que estamos vivindo, pero está nas vosas mans que intentemos darlle unha pouca de cor. E seguro que vós o conseguiredes, porque estades sendo uns superheroes!!!
Así que adeus ó abrigo, ás cores apagadas e OLA ás chaquetas finas e ás Cores Vivas: rosas, verdes, laranxas…!
E tamén chegou a hora de decorar a casa, para iso propóñovos que fagades algunha manualidade onde predomine a cor e os distintos motivos primaverais: flores, soles, bolboretas…
Deíxovos algúns exemplos, pero seguro que coa VOSA IMAXINACIÓN e CREATIVIDADE sairán unhas decoracións fantásticas!!!
ÁNIMO!! CREATIVIDADE E ILUSIÓN Ó MÁXIMO!!
NOTA: Para próximos traballos poderiades gardar algún
material de reciclaxe: rolos de papel hixiénico, de cociña, distintos tipos de
caixas: galletas, cereais, botellas de plástico, tapóns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios