Hoxe mércores toca actividade artística, así que preparámonos!!!
Aproveitando que o 15 de Abril foi o Día Mundial da ARTE, propóñovos un RETO ARTÍSTICO:
Apetécevos imitar obras de arte dun pintor famoso?
Pois mans á obra:- Primeiro vouvos presentar ó Gran Pintor JOAN MIRÓ a través deste vídeo
- Agora amósovos mediante unha animación o seu famoso cadro“O XARDÍN”
- Unha vez visto os vídeos dispoñémonos a CREAR!!
Lembrade pintalos con moita cor xa que a JOAN MIRÓ gustábanlle as Cores Vivas e as súas preferidas eran: Vermello, Amarelo, Azul, Verde, Laranxa, Negro e Branco
Nota: poderedes ver máis das súas espectaculares obras clicando na seguinte imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios