O pasado martes, 4 de febreiro, a clase de 3º visitou o centro de día "Contigo" situado no Con. Ao chegar, unha traballadora do centro ensinounos as instalacións. Despois, nós contámoslles o conto titulado "Rosa Caramelo" e cantamos dúas cantigas moi curtas. O público aplaudiu moito. A continuación, un traballador do centro fixo de enlace entre nós e as persoas maiores e propuxo facer un xogo de mímica e sons moi divertido no que participamos de un en un. Como despedida invitáronnos a merendar.
Gustounos moito facer esta visita. Foi unha sensación de benestar e felicidade compartir tempo coas persoas maiores.
Ah! Como a pista de "half" está en fronte pasamos un rato xogando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios