24 de maio de 2019

AS FAMILIAS CONTAN


 Escoitar contos é sempre un momento de lecer, pero se  veñen as nosas familias a contárnolos, entón o gozo é moito maior.
Na clase tivemos a sorte de recibir a visita das nosas nais.

 

   Na súa historia "Don Pol e o pequeno Pin", Noe falounos de como, cun pouco de intelixencia e picardía, podemos transformar as nosas debilidades en fortalezas. As situacións difíciles podemos sortealas se as sabemos afrontar.
  Loli contounos un clásico marabilloso, "O mago de Oz",onde se narra a fantástica viaxe das súas personaxes en busca daquilo que pensan que lles falta, sen decatarse de que o tiñan dende un principio.
 Gracias por vir e compartir con nós uns momentos tan agradables.

 







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas