1 de dec. de 2018

4º APRENDE LINGUAXE DE PROGRAMACIÓN EN EDUCACIÓN FÍSICA

Dentro do Proxecto Biblioteca Creativa, Escornabot, fixemos unha actividade no ximnasio (dúas sesións de 50 minutos) que consistiu en programar robots. Dividímonos en parellas e un da parella facía de programador e outro de robot. Cunha plantilla xa elaborada, o programador tiña que programar ao robot para que chegase a algún punto do ximnasio. Puxemos elementos distribuídos polo espazo, aproveitando que temos no chan colocado un tapiz de taekwondo, (pelotas variadas, aros, xogo de petanca, sinais de tráfico...). Podían crear eles e elas novos movementos que tiñan que apuntar na ficha (saltar, tombarse, botar...). O punto de saída era o mesmo para todos. Resultou ser moi divertida!!
O obxectivo fundamental foi entender a linguaxe de programación, pero tamén traballamos outros como demostrar un comportamento responsable e respectuoso cara os demais, resolver situacións con diversidade de estímulos, relacionar os conceptos específicos de Educación Física con outros introducidos noutras áreas...
Os contidos traballados foron o desenvolvemento de habilidades básicas para solucionar a tarefa plantexada, recoñecemento e utilización creativa das zonas corporais...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas