María
Esta era unha cebra que non tiña raias negras. Conseguiu un traballo de pintora e pintouse lunares de cores.
Pablo
Esta era unha xirafa tan alta que non miraba o chan e un día caeu á auga e se encheu de algas. As demais xirafas comeron as algas porque pensaron que era unha árbore con patas.
Javier
Este era un golfiño que ía sempre na parte traseira do barco de Moaña e chegou o día no que se converteu en hélice.
Lucía
Esta era unha cebra que traballaba de pintora. Un día quixo pintarse pero a súa nai non lle deixou porque despois dáballe máis traballo a ela a ao pai e castigábanna sen ver a tele.
Patricia
Este era un insecto folla que se parecía tanto ao chan que todo o mundo o pisaba.
Adrián
Esta era unha foca que nadaba demasiado. Un día estaba nadando sobre as ondas e naceulle unha onda na cola.
Malena
Esta era unha foca á que non lle gustaba a súa cor. E un día fíxose pintora e pintouse de mil cores. Pero, ao final, bañouse e as cores borráronse.
Yaiza
Esta era unha cebra á que coa chuva borráronselle as raias.
Anxo C.
Este era un caracol que a súa cuncha se semellaba tanto a unha casa que ata tiña os mobles dentro.
Martín
Esta era unha ovella que saltou do trampolín e quedouse no ceo e logo, todos creron que era unha nube.
Jero
Este era un canguro que saltou tan alto tan alto que quedou nunha montaña e todos pensaban que era unha montaña con ollos.
Naima
Este era un mono que se tiraba da tirolina e sempre caía patas arriba.
Yann
Esta era unha ovella que se meteu na neve a buscar comida e pisáronna porque non se distinguía.
Anxo O.
Este era un cabalo que traballaba moito e quedou sen alento.
Laura
canta imaxinacion¡¡¡encantaronme estas animaladas,HAY NON ¡¡¡ esas minimaladas .grazas por facernos rir un ratiño
ResponderEliminar