2 de mar. de 2010

Investigamos

Os nenos e nenas de terceiro estamos estreando os nosos cadernos de investigadores.
A primeira investigación que temos que realizar é sobre os golfinos.

Temos que investigar unhas cantas cousas, e anotalas nos nosos cadernos.

Primeiro fomos á biblioteca escolar a buscar libros e enciclopedias para buscar a información.
Tamén temos que buscala neste blog.
Logo, cando teñamos toda a información, imos convertila nun libro, para que outros nenos poidan lelo.


Xa aprendemos a facer carpetas nos ordenadores. Cada un ten a súa, e dentro gardamos fotos de golfiños.


Ata agora so fixemos contos´. Vai ser a primeira vez que fagamos un libro de "Saber" !


Aquí vai un pouco de información da galipedia:


Aquí hai información , fotos e debuxos para colorear.
E o máis bonito: un fermoso vídeo "O nacemento dun golfiño"



Aquí está o noso caderno de investigación. A que é chulo?

1 comentario:

  1. Anónimo15/3/10

    Hola ,sabiades que os golfiños de rio son de cor rosa?

    ResponderEliminar

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas