
Estes días estamos aprendendo cousas de....
Leonardo da Vinci , que era un pintor, arquitecto, inxenieiro, científico ( cantas cousas!!!) que viviu en Italia entre os anos 1452 e 1519.
Vós coñecédelo por ser o autor do cadro da "Gioconda", ou "Monna Lisa". É un famosísimo cadro que se expón no Museo de París chamado o "Louvre".
Na clase faremos a nosa versión do cadro, pero primeiro imos fixarnos nalgunhas cousas:
Veredes que no cadro non ten cellas nen pestanas, seguramente porque nalgunha restauración do cadro borráronse.
Ten un sorriso moi especial.
Non ten moitos adornos e na cabeza só un pequeno veo.
É difícil saber se está triste ou leda.
Vós que pensades?
Pero agora, imos velos en vídeo:
A mona Lisa gustoume moito e un dos cadros que mais me gustaron
ResponderEliminar