19 de out. de 2009

O millo de Quintela

Os nenos e nenas de 1º e 2º recolleron o millo da nosa "Plantación". Encheron un saco.
E sabedes canto millo prantaramos? : Dúas espigas.
Tivemos unha boa colleita!!!.
Os de 3º e 4º puxemos ao sol as espigas, nos andeis que hai debaixo das ventanas das nosas clases, para que sequen ben.
Millo corvo nas clases de terceiro e cuarto

Despois hai que debullalas (sacarlle os grans ás espigas) , para poder levalas ao muiño, a facer fariña de millo.
Queredes saber mais sobre o millo?. Entrade no blog da Escola de Vide, (aos que esperamos coñecer este curso,) e mirade cantas cousas nos contan do millo:

http://aldeatotal.blogspot.com/search/label/millo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas