Debemos comer só o que nos gusta?
Formáronse 2 grupos: os do NON e os do SI. Cada grupo preparou as súas respostas na casa. Despois, houbo unha posta en común para organizarse á hora de falar( non repetirse, opinar todos, ... ). Por último, chegou o día do debate. Os dous grupos deron as súas opinións:
NON
Porque se só comemos o que nos gusta non estamos ben alimentados. Porque así estamos máis fortes. Porque o teu corpo está máis san. Porque nos faltarían vitaminas, minerais, hidratos de carbono,proteínas, ... Debemos comer un pouco de cada cousa. Porque medramos cunha boa alimentación. Porque así os teus músculos están máis fortes. Hai que comer de todo.
SI
Porque o mellor é comer o que se quere e así comemos todo. Eu como o que me gusta de cada comida. Non temos todos os mesmos gustos. Hai que comer o que nos gusta porque hai que comer rico. Porque así temos a receita do que comemos máis perfeccionada. Porque así sabemos que os ingredientes desas comidas non nos producen alerxia. Tardaríamos moito en comer e quitaríansenos as ganas de comer.
Estas foron as respostas dadas por cada grupo. Algunhas repetíanse e outras dicían o mesmo con palabras diferentes.
CONCLUSIÓN
A pesar de que apeteza comer o que nos gusta, temos que comer de todo para medrar con boa saúde.
Comamos verduras, frutas, peixe, carne!
( Pero, algo de doce tamén )
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios