5 de mar. de 2026

XOGADE. Atletismo en pista

O alumnado de 4° tivo dúas sesións de atletismo nas que Aarón (entrenador da S.D. Samertolameu de atletismo) traballou coa clase a velocidade, o salto de lonxitude, as remudas, o lanzamento de peso e o lanzamento de vórtex.

 Grazas Aarón por prepararnos para cando participemos na xornada de convivencia.




25 de feb. de 2026

Charla da vespa velutina

 Hoxe, na clase de terceiro, tivemos unha charla moi interesante sobre como facer e onde colocar 

trampas para velutinas.



22 de feb. de 2026

ENTERRO DA XOUBIÑA

Grazas a ANPA pola súa dedicación e implicación un ano máis nesta celebración, facendo posible unha xornada chea de alegría e convivencia. Grazas tamén a todas as familias pola súa participación. Entre todos e todas conseguimos crear momentos especiais que fortalecen a nosa comunidade educativa.


21 de feb. de 2026

Coplas do entroido

 Parabéns a todas e todos! Fermosa actuación!


20 de feb. de 2026

Obradoiro de disfraces

 O pasado venres, fixemos un obradoiro de disfraces na biblioteca. Un éxito total!

12 de feb. de 2026

Makey Makey na clase de lingua

 As nenas e nenos de 4º de primaria elaboraron un cómic e, coas Makey Makey estamos aprendendo a programar para que en cada viñeta se reproduza a nosa voz.

Gústanos moito!


10 de feb. de 2026

9 de feb. de 2026

5 de feb. de 2026

Xuntanza con Afamo en 4º

Este martes, día 3 de febreiro, tivemos a sorte de recibir no noso cole a algúns membros de Afamo que nos falaron de xogos tradicionais da súa época e de moitas outras cousas.
lembraron para todos nós o carretón, o bombón, a carraca e moitos máis xogos.
Foi xenial escoitar as explicacións que nos deu Xabier Blanco acompañado de Aurora, Benigno, Carmen, Choncha, Dolores e Dora.
Queremos agradecer a todos eles e tamén ao concello de Moaña esta iniciativa chamada "Encontros interxeracionais para contar" onde podemos compartir vivencias, sorrisos, historias entre a rapazada e os nosos maiores.
Foi un pracer gozar  deses momentos todos xuntos!
 

2 de feb. de 2026

Estacións de aprendizaxe en 3º e 4º

 O xoves pasado o alumnado de 3º e 4º tivemos estacións de aprendizaxe na biblio.

Houbo actividades para todos os gustos: xogos de construción, cálculo mental, adiviñas, comprensión lectora...

Resultou unha mañá moi aproveitada onde a colaboración foi fundamental.

1 de feb. de 2026

Día da Paz

 O día 30 de Xaneiro é o Día da Paz. No cole fixemos unha actividade na que cada persoa, cunha peza de puzle ofrecía e pedía axuda con algo. A continuación, buscaban aquela persoa coa que encaixar a súa peza. O alumnado de 6º de primaria cantou unha canción conmemorativa deste día acompañados á guitarra polo profe Txelu.

Foi moi emotivo.


23 de xan. de 2026

A horta de 3º e 4º

 Que fermosas as cenorias, as berenxenas, os tomates, as uvas... que fixeron as nenas e nenos de 3º e 4º para decorar o cole!

22 de xan. de 2026

Obradoiros de escrita en 4º

Nas clases de lingua galega estivemos traballando os obradoiros de escrita. 
Aprendemos a facer anuncios, descricións, receitas e noticias. 
As noticias disparatadas foron as que máis gustaron.

 

20 de xan. de 2026

Fraccións con fichas de parchís

Na clase de 4º estamos traballando coas fraccións e utilizamos fichas de parchís para calcular a fracción dunha cantidade. 
Así resúltanos máis fácil e divertido.

 

19 de xan. de 2026

Obradoiro de radio con Damián Alonso

O martes, 14 de xaneiro, visitounos Damián Alonso, actor de dobraxe. 
Tivemos a inmensa sorte de aprender moitas cousas dobre as voces, os cambios de ton e intensidade e tamén o funcionamento da mesa de mesturas na radio. 
Resultou unha xornada moi ben aproveitada e pasámolo moi ben.

 

21 de dec. de 2025

Panxoliña aos Reis Magos






 

EXPOSICIÓN DOS CANCIÑOS

 O alumnado de 6º de infantil investigou este trimestre sobre a súa mascota, "Os canciños". Buscaron información na biblioteca e con todo o recollido e investigado elaborarn un "lapbook" con todo o aprendido.

Unha vez rematado o traballo, compartiron a información cos compañeiros e compañeiras de 1ºP e 4ºP. 



O centro de día AFAMO ven visitar ao alumnado de 3°

 O xoves, as persoas maiores de AFAMO viñeron compartir unha experiencia co alumnado de 3°, aproveitando que eles foron cantarlles unha panxoliña ao centro e xa se coñecían.

Fixeron un obradoiro de manualidades navideñas no que compartiron anécdotas e momentos especiais.

Moitas grazas pola visita!






19 de dec. de 2025

Impresión 3D en 4º

 O alumnado de 4º deseñou en Doodle 3D o seu nome, pasámolo ao programa da impresora, imprimiron e colocaron a arandela para facer o seu chaveiro...

Quedaron moi fermosos!










Felicitación Nadal 4º

 

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas